De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, o acordo de inicio do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 de abril e o R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.
A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 24.2º do
R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, dispón do prazo de 10 días para presentar alegacións e no caso de non presentalas, segundo o artigo 13.2º do dito R.D. 1398/1993, o inicio poderá considerarse proposta de resolución.
Expediente sancionador: Secretaría 176/1999.
Denunciado: Javier Osorio Fandiño.
DNI/CIF: 34.895.476.
Último enderezo coñecido: Travesía de Buenavista, 5 A Coruña.
Cualificación da infracción: leve.
Importe da sanción: vintecinco mil pesetas (25.000 ptas.).
A Coruña, 22 de novembro de 1999.
Manuel Barral Castro
Delegado provincial da Coruña