Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 14 de febreiro de 2000 Páx. 1.847

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/477-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. enlace C.T. Boavila e C.T. Hospital.

Situación: Pontevedra.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 50 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. existente Pontevedra IV ata o C.T. Boavila. L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 50 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde a L.M.T. Pontevedra III ata o C.T. existente de Hospital. Concello de Pontevedra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 20 de decembro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra