Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. estrada de Baiona.
Situación: Vigo.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 440 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio D-43 da liña BAL 7.02 ata o C.T. que se proxecta na estrada de Baiona, no concello de Vigo. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 17 de decembro de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra