Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 14 de febreiro de 2000 Páx. 1.843

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/334-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: Avda. Arteixo 171, 15009 A Coruña.

Denominación: R.B.T. Delicias-Porto Alto (Corrubedo).

Situación: Ribeira.

Descricións técnicas: redes eléctricas aéreas de baixa tensión a 380/220 V, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 260 m de lonxitude, con orixe no C.T. Delicias (Expte. 23489) e discorrendo polo lugar de Delicias-Porto Alto de Corrubedo de 665 m de lonxitude, con orixe no C.T. Porto-Alto e discorrendo polo lugar do mesmo nome. Ribeira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 17 de decembro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña