Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 14 de febreiro de 2000 Páx. 1.842

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/363-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: desvío L.M.T. e C. seccionamento Indugasa-zona franca.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., aéreo-subterránea, a 15 kV, de 110 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-110, e 1.580 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio D-4 da L.M.T. BAL 7.04 e 7.02 ata o centro de seccionamento proxectado na zona franca do concello de Vigo, rematando na L.M.T. existente a Indugasa. L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 145 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o final do tramo aéreo mencionado anteriormente, ata o C.T. existente de Citroën V, concello de Vigo. Centro de seccionamento con tres celas de liña C.M.L.-SF6, situado na zona franca.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Pontevedra, 13 de decembro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra