Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 11 de febreiro de 2000 Páx. 1.799

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 195/1999).

Vista a solicitude para a autorización administrativa, recoñecemento de utilidade pública, coa relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados pola expropiación, así como para a aprobación do proxecto de execución que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: praza da Constitución, nº 17, Cee (A Coruña).

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Diz (Outes).

Liña eléctrica aérea a 20 kV, sobre apoios de formigón e metálicos e con conductor LA-56, de 763 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 117, saída nº 9 de Tambre, liña Outes-Pino de Val (expediente 50404) e final no C.T. Diz, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Diz, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor tipo R.Z. de 740 m de lonxitude. No termo municipal de Outes.

A petición someteuse a información pública, coa relación de propietarios, bens e dereitos afectados, e publicouse no DOG do 23-8-1999, no BOP do 2-9-1999, no xornal El Ideal Gallego do día 27-7-1999 e nos taboleiros de anuncios da Casa do Concello de Outes ó mesmo tempo, notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na devandita relación.

Por esta delegación provincial comprobouse que a liña, ó seu paso polos predios relacionados na información pública, non incorre en ningunha das prohibicións contempladas no artigo 57 a) da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro), e no artigo 25 do Decreto 2619/1996, do 20 de outubro (BOE do 24 de outubro).

Así mesmo comprobouse que as alegacións efectuadas polos interesados en canto á modificación do trazado da liña eléctrica non poden ser tidas en conta por non se dar as condicións previstas no artigo 57 b) da devandita lei e no artigo 26 do mencionado decreto.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os decretos 2617/1966 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, e cumpridos os trámites regulamentarios establecidos, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto das citadas instalacións e declarar, en concreto, a utilidade pública destes que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente.

A Coruña, 17 de decembro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña