Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 11 de febreiro de 2000 Páx. 1.766

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo 476/99-P, interposto por Manuel de Miguel García.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado Contencioso-Administrativo de Lugo providencia pola que se admite a trámite a demanda correspondente ó recurso contencioso-administrativo nº 476/99-P, interposto por Manuel de Miguel García, contra a resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 22 de setembro de 1999, pola que se desestima o recurso de reposición contra a Orde do 21 de xuño de 1999, pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración especial da Xunta de Galicia (DOG nº 124, do 30 de xuño).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública