1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. Praza de España s/n, 36071 Pontevedra.
a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Patrimonio.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: subministración de material de protección respiratoria e equipo de mantemento con destino ó corpo de bombeiros.
b) Lugar de entrega: casa do concello.
c) Prazo de entrega: o adxudicatario queda obrigado a efectua-la entrega da subministración no prazo de trinta días, contados a partir da data de formalización do contrato.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Ordinaria, aberto, concurso.
4. Orzamento de licitación: 4.916.590 ptas., incluído todo xénero de gastos e IVE.
5. Garantías.
Provisional: 98.332 ptas., definitiva: 196.664 ptas.
6. Obtención de documentación e información.
a) Lugar: Servicio de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España s/n Pontevedra 36071. Teléfono: 986 80 43 00. Fax: 986 86 01 02.
b) Data límite de obtención de documentación e información: vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
7. Presentación das ofertas.
a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: cláusula 10ª do prego.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra, das 9 ás 13 horas.
d) Prazo no que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.
8. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación ás 9 horas do luns seguinte hábil ó da terminación do prazo sinalado para a presentación de ofertas.
9. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:
a) Os dos anuncios que xere o procedemento e os seus actos preparatorios.
b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato da subministración incluído o IVE.
c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora da taxa.
d) Os de transporte e entrega da subministración.
Pontevedra, 28 de decembro de 1999.
Miguel Anxo Fernández Lores
Alcalde
Julio Dapena Outomuro
Secretario xeral