Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación, na sesión de vinte de xaneiro de dous mil, o Plan
especial de reforma interior do Burgo Medieval de Vilanova dos Infantes, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no DOG podendo ser examinada a documentación durante o devandito período e formula-las alegacións e reclamacións que se estimen pertinentes.
De acordo co disposto no artigo 34, punto 2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, a aprobación inicial implica a suspensión de outorgamento de licencias de parcelación de terreos, edificacións e demolicións dentro do territorio obxecto do planeamento.
Celanova, 2 de febreiro de 2000.
O alcalde
Rubricado