Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 10 de febreiro de 2000 Páx. 1.752

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 12 de xaneiro de 2000, da Área Provincial de Pontevedra, de notificación dos requirimentos de pagamento P-196 e P-197/1999 a debedores en réxime de acceso diferido, devoltos polo servicio de correos.

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido no artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e na alínea primeira do artigo 138 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados, cos datos e derradeiro enderezo coñecido (identificado por número de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagados, e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas derivadas dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó corrente das súas obrigas ou comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia, para os efectos de presenta-los documentos e xustificantes que consideren convenientes no seu dereito.

En caso contrario procederase á resolución dos seus contratos e á iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario. Expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 12 de xaneiro de 2000.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-832 (expediente desafiuzamento P-196/1999).

Cta.: 249.

Nome: Salvador Otero Fariña.

Enderezo: r/ Maceiras, nº 40, 2º C (Vigo).

Falta de pagamento débeda: 68.224 ptas.

Expediente: PO-832 (expediente desafiuzamento P-197/1999).

Cta.: 266.

Nome: José Manuel Lago Quintanas.

Enderezo: r/ Maceiras, nº 24, 2º D (Vigo).

Falta de pagamento débeda: 43.648 ptas.