Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 10 de febreiro de 2000 Páx. 1.747

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación dos servicios de esparexemento culturais e deportivos, mediante impartición de cursos, en diversos centros dependentes desta delegación provincial.

De conformidade co establecido na Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de atribucións nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso público por procedemento aberto e trámite ordinario para a contratación dos servicios de esparexemento culturais e deportivos en centros dependentes desta delegación provincial.

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais.

c) Nº expediente: 1/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicios de esparexemento culturais e deportivos, mediante a impartición de cursos en diversos centros dependentes desta delegación provincial.

b) Número de servicios e lugar de situación:

-Cursos de tapicería no Centro Social de Bouzas.

-Cursos de pintura ó óleo no Centro Social de Bouzas.

-Cursos de manualidades no Centro Social de Bouzas.

-Cursos de ioga no Centro Social de Bouzas.

-Cursos de bolillos no Centro Social de Bouzas.

-Cursos de aerobic no Centro Social do Calvario.

-Cursos de cociña no Centro Social do Calvario.

-Cursos de manualidades no Centro Social do Calvario.

-Cursos de ximnasia de mantemento no Centro Social do Calvario.

-Cursos de bolillos no Centro Social de Coia.

-Cursos de pintura no Centro Social de Coia.

-Cursos de manualidades no Centro Social de Coia.

-Cursos de corte, confección e labores no Centro Social de Coia.

-Cursos de cociña no Centro Social de Coia.

-Cursos de ioga no Centro Social de Coia.

-Cursos de aerobic no Centro Social de Coia.

-Cursos de ximnasia de mantemento no Centro Social de Coia.

-Cursos de corte, confección e labores no Centro Social de Redondela.

-Cursos de manualidades no Centro Social de Redondela.

-Cursos de pintura ó óleo no Centro Social de Redondela.

-Cursos de ioga no Centro Social de Redondela.

-Cursos de ximnasia de mantemento no Centro Social de Redondela.

-Cursos de bolillos no Centro Social de Rivera Atienza.

-Cursos de bordado á man no Centro Social de Rivera Atienza.

-Cursos de manualidades no Centro Social de Rivera Atienza.

-Cursos de confección do traxe galego no Centro Social de Rivera Atienza.

-Cursos de traballo en coiro no Centro Social de Rivera Atienza.

-Cursos de manualidades no Centro Social de Teis.

-Cursos de pintura no Centro Social de Teis.

-Cursos de corte, confección e labores no Centro Social de Teis.

-Cursos de ioga no Centro Social de Teis.

-Cursos de ximnasia de mantemento no Centro Social de Teis.

c) Prazo de execución: desde a data de adxudicación ata o 31 de decembro de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: non existe.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 6.000 ptas. (seis mil pesetas).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial de Pontevedra nas súas dependencias de Vigo e nas demais delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Enderezo: Avda. Cánovas del Castillo, s/n.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36202.

d) Teléfono: 986 81 72 00.

e) Telefax: 986 81 72 01.

f) Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas. Tódolos días laborais excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: solvencia económica, financeira e técnica. Os licitadores acreditarana en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: no prazo de 26 días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a data límite será o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que cómpre presentar: a indicada no punto nº 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro da Delegación Provincial de Pontevedra ou nas súas dependencias en Vigo (36202) Avda. Cánovas del Castillo, s/n. Tamén pode enviarse por correo na forma prevista no artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses, segundo o artigo 90 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

9. Apertura das ofertas económicas.

a) Entidade: Delegación Provincial de Pontevedra de Sanidade e Servicios Sociais nas súas dependencias en Vigo.

b) Enderezo: Avda. Cánovas del Castillo, s/n.

c) Localidade: Vigo.

d) Data: undécimo día natural contado a partir do día seguinte ó da finalización do prazo de presentación de propostas.

e) Hora: 9 horas.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 5 de xaneiro de 2000.

P.D. (Orde 21-4-1998)

Mª Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra