Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 10 de febreiro de 2000 Páx. 1.741

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/361-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de García Barbón, 38. 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. polígono industrial Dozón.

Situación: Dozón.

Descricións técnicas: L.M.T., aéreo-subterránea, a 20 kV, de 1.149 m de lonxitude o tramo aéreo,

con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, e 55 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.H.V., desde un apoio s/n da L.M.T. Rodeiro ata o apoio 9 da L.M.T. que se proxecta, desde onde continúa en subterráneo ata o C.T. que se proxecta no polígono industrial de Dozón, concello de Dozón. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén pode interpor calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Pontevedra, 13 de decembro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra