Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2000 Páx. 1.712

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de información pública do avance do PERI Polígono de Fátima e delimitación do seu ámbito (expediente 5265/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do día 21 de outubro de 1999, tomou coñecemento do avance do Plan Especial de Reforma Interior, polígono de Fátima e delimitación do seu ámbito (expediente 5265/411), presentado pola entidade Centro Médico Gallego, S.A., redactado pola arquitecta María Asunción Leboreiro Amaro, con data de visado polo COAG do 30 de setembro de 1999.

Sométese o expediente de referencia a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG, e nun dos xornais de maior circulación da provincia, significando que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contados desde o derradeiro anuncio, co fin de que as distintas entidades públicas e privadas e os particulares poidan formula-las suxestións que consideren oportunas e presentar propostas e convenios urbanísticos que coiden procedentes. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa do edificio da xerencia.

Este anuncio serviralles de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común a tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 29 de outubro de 1999.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo