Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2000 Páx. 1.710

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FENE

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 13-1-2000, aprobou inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Urbana do municipio de Fene. Revisión 93, polo que se abre o trámite de información pública polo prazo de corenta e cinco días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, prazo durante o cal tódalas persoas que se consideren afectadas poderán formula-las alegacións ou reclamacións que consideren oportunas.

Así mesmo, o Concello Pleno acordou suspende-las licencias ás que se refire o artigo 34 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, nas áreas do territorio municipal con novas determinacións que supoñan modificación do réxime urbanístico vixente.

A suspensión de licencias extinguirase, en todo caso, no prazo dun ano contado desde a adopción do acordo de aprobación inicial, ou coa aprobación definitiva deste plan.

O que se fai público en cumprimento do disposto nos artigos 42 e 34 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Fene, 14 de xaneiro de 2000.

Xosé María Rivera Arnoso

Alcalde