Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2000 Páx. 1.709

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBADOS

EDICTO.

Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación, en sesión do 30-12-1999, o proxecto de urbanización do Plan Parcial do Solo Apto para a Urbanización Industrial de Setepías (A4), exponse ó público o expediente, na secretaría do concello, polo prazo dun mes, en cumprimento do establecido polo artigo 43.3º da Lei do solo de Galicia, para efectos de exame e reclamacións. De non formularse estas, entenderase elevado automaticamente a definitivo o acordo de aprobación inicial.

Cambados, 7 de xaneiro de 2000.

José Manuel Cores Tourís

Alcalde