En cumprimento do disposto polo artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, en relación co artigo 8 d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño, faise público que o Pleno da Corporación, en sesión do 30-12-1999, acordou aprobar definitivamente o Plan Especial de Protección e Ordenación do Conxunto Histórico de Cambados, publicándose a súa normativa no BOP de Pontevedra.
Cambados, 7 de xaneiro de 2000.
José Manuel Cores Tourís
Alcalde