Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2000 Páx. 1.706

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 1999 pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa do aluguer dunha nave sita no polígono industrial do Rebullón-Tameiga de Mos con destino a arquivo de historias clínicas do Hospital do Meixoeiro.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 55 do seu regulamento, e á vista das competencias que teñan atribuídas, con base no Decreto 49/1998, do 5 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais do Sergas.

RESOLVO:

Primeiro.-Facer público que pola urxencia do hospital de intervir no actual arquivo de historias clínicas para repara-los seus andeis e que o novo local debe estar situado nun radio máximo de 10 km do centro se xustifica, logo de fiscalización da Intervención Delegada, a utilización do procedemento de contratación directa do aluguer da nave sita no polígono industrial do Rebullón-Tameiga de Mos para destinala a arquivo de historias clínicas do Hospital do Meixoeiro.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 1999.

P.O. (Orde 21-4-1998)

Manuel Antonio Silva Romero

Secretario xeral da Consellería de Sanidade

e Servicios Sociais