Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2000 Páx. 1.704

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 1999, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, pola que se fai pública a adxudicación do contrato para o servicio para a organización, depuración, encarpetado, unificación e integración dos arquivos de historias clínicas dos centros: Hospital Montecelo, Hospital Provincial e Centro de Especialidades de Mollavao, en local externo, co resultante dun arquivo único, así como a xestión das historias clínicas, tramitado mediante concurso público e polo procedemento aberto. (Expediente 9906CHOP).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 18 de marzo de 1999, (DOG do 25 de marzo), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de competencias no xerente xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, e para o cumprimento do disposto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato:

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde. Complexo Hospitalario de Pontevedra. Unidade de Contratación Administrativa: r/ Loureiro Crespo, 2, 36001 Pontevedra. Teléfono 986 80 70 03. Fax 986 80 70 51.

2. Modalidade de adxudicación elixida: procedemento aberto, concurso público.

3. Categoría do servicio e descrición. Número de referencia da CCP: categoría 27 «outros».

Lote 1: contratación do servicio para a organización, depuración, encarpetado, unificación e integración dos arquivos de historias clínicas dos centros do complexo, en local externo, co resultante dun arquivo único.

Lote 2: servicio de xestión das historias clínicas.

4. Data de adxudicación do contrato: 28 de setembro de 1999.

5. Criterios de adxudicación do contrato:

a) Proxecto técnico e organizativo do servicio proposto: ata 13 puntos (43,3%).

b) Prezo: ata 10 puntos: (33,3%).

c) Medios e equipos técnicos achegados: ata 7 puntos (23,3%).

6. Número de ofertas recibidas: unha.

7. Nome e dirección do prestador de servicios: Severiano Gestión, S.L. Rúa A Balsa, s/n, 15320 As Pontes de García Rodríguez (A Coruña).

8. Prezo ou gama de prezos (mínimo/máximo) pagados:

Lote nº 1: 37.920.000.

Lote nº 2: 45.132.800.

9. Valor e parte do contrato que poidan ser obxecto de subcontratación a terceiros.

10. Outras informacións.

11. Data de publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial das Comunidades Europeas: 5 de agosto de 1999.

12. Data de envío do anuncio: 12 de xaneiro de 2000.

13. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas.

14. Nos contratos relativos ás categorías 18 a 27 do artigo 207 da Lei 13/1995, de 18 de maio, autorización da publicación do anuncio por parte do órgano de contratación: Resolución do 16 de xullo de 1999, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Pontevedra, 22 de decembro de 1999.

Pedro Soler Bordoy

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Pontevedra