Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2000 Páx. 1.701

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se anuncia o concurso público aberto, polo trámite de urxencia, das obras de reforma para a adaptación á normativa vixente do centro de menores A Carballeira de Ourense.

Esta secretaría xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso para a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 4/2000.

2 Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras de reforma para a adaptación á normativa vixente do centro de menores A Carballeira de Ourense.

b) Lugar de execución: Ourense.

c) Prazo de execución: 9 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 87.179.496 ptas.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: si. Importe: 3.487.180 ptas. (4% importe de licitación).

6.Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Copy Estudio.

b) Domicilio: rúa Nova de Abaixo, 19. Teléfono: 981 59 33 85.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15706.

d) Teléfono información: 981 54 46 80 - 54 46 52.

e) Telefax: 981 54 56 85.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata remata-lo prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: Grupo C. Subgrupo completo. Categoría D.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8) Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: trece (13) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio noDiario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de estaren inscritos no Rexistro de Contratistas, xuntarase grampado no exterior do sobre A o certificado do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación.

1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

2. Domicilio: San Caetano.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771 (ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Domicilio: San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data:

Apertura documentación administrativa e técnica (sobres A e B): o quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas.

Apertura oferta económica (Sobre C): décimo día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas.

De coincidir estes en sábado, pasará ó seguinte día hábil.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2000.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia

e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude