Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2000 Páx. 1.700

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación dos acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos que se citan. (Expediente LU-E 289/1999 e nove máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, ás

cales non se lles puido facer por correo certificado, os acordos de iniciación dictados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos, o número dos cales se cita no anexo.

Desígnase instructor do expediente o xefe do Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior, Rafael López Charques e secretaria a xefa de Negociado Inés Docando Casanova, que poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992 (BOE do 27 de novembro).

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xusticia, Administración Local e Interior desta delegación provincial, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas, considere convenientes na defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como o establece o artigo 13 d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do R.D. 1398/1993 (BOE do 9 de agosto), determinándose para estes efectos o importe da sanción.

Será competente para a imposición da sanción o delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais en Lugo, segundo o establecido na Orde do 26 de setembro de 1996, da citada consellería (DOG do 30 de setembro).

Lugo, 4 de xaneiro de 2000.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

NomeDNI/NIFNº expedientePrecepto infrinxidoÚltimo domicilioMulta máxima

Ondine C.B. (Pablo García López e J. Antonio García López)E-27.245.273LU-E 289/199926 e) ou 23 o) en relación co 26 e) LO 1/1992R/Enxeñeiro Schultz s/n, RibadeoAta 50.000 ptas. ou ata 5.000.000 de ptas. e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses

Ondine C.B. (Pablo García López e J. Antonio García López)E-27.245.273LU-E 299/199926 e) ou 23 o) en relación co 26 e) LO 1/1992R/Enxeñeiro Schultz s/n, RibadeoAta 50.000 ptas. ou ata 5.000.000 de ptas. e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses

Freire, S.L.33.642.427LU-E 291/199926 e) ou 23 o) en relación co 26 e) LO 1/1992Rúa Nova 9, LugoAta 50.000 ptas. ou ata 5.000.000 de ptas. e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses

David de la Fuente Pérez e Fco. Javier García FernándezE-27.101.609LU-E 321/199926 e) ou 23 o) en relación co 26 e) LO 1/1992R/Duquesa de Alba 14, Monforte de LemosAta 50.000 ou ata 5.000.000 de ptas. e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses

Fernández y Vázquez C.B. (Manuel Fdez. Redondo e Mario Vázquez Fdez.)E-27.187.384LU-E 293/199926 e) ou 23 o) en relación co 26 e) LO 1/1992Rúa Nova 39, LugoAta 50.000 ptas. ou ata 5.000.000 de ptas. e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses

Antonio Pérez Villanueva33.847.705LU-E 294/199926 e) ou 23 o) en relación co 26 e) LO 1/1992R/Primavera 17, 1º D, LugoAta 50.000 ptas. ou ata 5.000.000 de ptas. e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses

J. Marcos García Fdez.33.857.779LU-E 295/199926 e) ou 23 o) en relación co 26 e) LO 1/1992Alférez Provisional 7, LugoAta 50.000 ptas. ou ata 5.000.000 de ptas. e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses

Koke Vilalba, S.L.B-27.206.416LU-E 287/199923 o) en relación co 26 e) LO 1/1992Cidade de Viveiro, VilalbaAta 5.000.000 de ptas. e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses

Mª Luisa Otero Rodríguez10.527.935LU-E 319/199926 e) ou 23 o) en relación co 26 e) LO 1/1992Avda. de Sarria 15, ático A, FozAta 50.000 ptas. ou ata 5.000.000 de ptas. e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses

Koke Vilalba, S.L.B-27.206.416LU-E 328/199923 o) en relación co 26 e) LO 1/1992Cidade de Viveiro, VilalbaAta 5.000.000 de ptas. e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses