Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2000 Páx. 1.693

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/241-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: praza da Constitución, 17, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. explotacións agrarias de Olveira.

Situación: Dumbría.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-30, con orixe na liña Vimianzo-Baíñas-Lucín (expediente 34856) e final no apoio nº 3 da liña a C.T. explotacións agrarias de Olveira. Liña eléctrica subterránea de media tensión a, 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3(1x95) mm Al, de 20 m de lonxitude, con orixe na anterior e final en C.T. Olveira. Centro de transformación en caseta prefabricada, de 250 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Olveira-Dumbría.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

A Coruña, 4 de xaneiro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña