Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15009 A Coruña.
Denominación: L.M.T. a C.T. Vioxo.
Situación: Rois e Brión.
Características técnicas: reforma L.M.T. aéreo a 20 kV a C.T. Vioxo de 914 m de lonxitude en conductor LA-30. Concellos de Rois e Brión.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 23 de decembro de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña