Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2000 Páx. 1.689

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2000 pola que se anuncian, polo sistema de concurso de procedemento aberto, declarado de urxencia, as obras de construcción dun centro de ensino secundario en Vilanova de Arousa (Pontevedra).

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Subdirección Xeral de Construccións e E.

c) Número de expediente:

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: construcción dun centro de ensino secundario.

b) Lugar de execución: Vilanova de Arousa (Pontevedra).

c) Prazo de execución: 5 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 208.878.178 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: ver prego.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Información.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Oficina de Información).

b) Enderezo: edificio Admtvo. San Caetano, s/n, e delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

6.2. Documentación.

a) Teléfono: 981 59 26 00.

b) Enderezo: r/ Rosalía de Castro, 45, Santiago de Compostela (A Coruña).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo: C, subgrupo: todos, e categoría: F.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación

desta resolución neste diario. Se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2ª Enderezo: edificio Admtvo. San Caetano, s/n.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): ata a resolución de adxudicación do concurso.

e) Admisión de variantes (concurso): non se admiten variantes económicas.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (sala de xuntas).

b) Enderezo: edificio Admtvo. San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o cuarto día hábil contado desde o remate do prazo de presentación das proposicións. Se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: 12 horas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2000.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria