Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2000 Páx. 1.681

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2000 pola que se fan públicos algúns dos acordos da comisión encargada da selección dos participantes nos cursos XXIX e XXX para a obtención do diploma de directivo.

Á vista do acordado na reunión do día 3 de febreiro de 2000 pola comisión encargada da selección dos participantes nos cursos XXIX e XXX para a obtención do diploma de directivo, convocados por Resolución do 22 de novembro de 1999 (DOG nº 230, do 29),

RESOLVO:

1. Anuncia-la publicación da relación provisional de excluídos da participación nos cursos XXIX e XXX para a obtención do diploma de directivo.

2. Anuncia-la publicación da relación de admitidos para participar no proceso selectivo dos XXIX e XXX cursos para a obtención do diploma de directivo, coas puntuacións correspondentes conforme o baremo aplicable.

3. As devanditas relacións estarán expostas no taboleiro de anuncios da EGAP. Tamén serán remitidas ó Centro de Información Administrativa e Atención ó Cidadán e ás delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

4. Fixar un prazo de dez días para que os interesados poidan aduci-las alegacións que consideren oportunas.

5. Publica-la puntuación mínima esixida para ser convocado á realización da entrevista. A dita puntuación fíxase en 0,14 puntos.

6. Anunciar que a lista definitiva de participantes se publicará só no taboleiro de anuncios da EGAP.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2000.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública