Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 08 de febreiro de 2000 Páx. 1.656

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CONCURSO para a adquisición dunha plataforma para o Pazo dos Deportes Paco Paz.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para o concurso de subministración dunha plataforma elevable e remolcable articulada para o Pazo dos Deportes Paco Paz, mediante concurso, en procedemento aberto e trámite urxente, con tipo máximo de licitación de 5.500.000 ptas. As ofertas e a documentación presentaranse ata as 12 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no pazo provincial. A documentación que hai que presentar, o modelo de presentación e os demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

Ourense, 1 de febreiro de 2000.

O presidente

Rubricado