Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 08 de febreiro de 2000 Páx. 1.655

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BETANZOS

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, actuando por delegación do 8 de xullo de 1999, acordou en sesión do 23 de novembro do ano que corre aprobar inicialmente o proxecto de compensación para a execución e o desenvolvemento da UEI-4 das normas de planeamento urbanístico de Betanzos, sita en r/Rollo, promovido por Proveco, S.L., e que se expón ó público por espacio de vinte días, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, para que por calquera persoa poida formula-as alegacións que se consideran procedentes.

O expediente de referencia queda de manifesto, durante o prazo sinalado, no Servicio de Urbanismo deste concello-edificio Liceo.

Betanzos, 17 de decembro de 1999.

Antonio Lagares Pérez

Delegado de Urbanismo