Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 08 de febreiro de 2000 Páx. 1.638

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado da L.M.T., C.T. e R.B.T. Soutomango (concello do Saviñao), e da súa declaración de utilidade pública. (Expediente 28/1998 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, as que contan coas características técnicas que se relatan a continuación.

a) Peticionario: Unión Fenosa, S.A.

b) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia.

c) Características técnicas principais:

-Liña de media tensión aérea ó C.T.C. de Soutomango, cunha tensión de 20 kV con orixe na L.M.T. ó C.T. de Fión e remate no C.T.C. de Soutomango, cunha lonxitude de 0,941 km conductor tipo/sección LA-56/54,6 mm e nº/tipo apoios 4/HV-2/HVH-1/T.

-Centro de transformación en caseta de Soutomango, situado en Soutomango (A Cova) cunha potencia de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

-Liña de baixa tensión aérea en Soutomango, con orixe no C.T.C. de Soutomango, cunha lonxitude de 1,735 km e nº apoios 37/HV.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico

solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efctos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997 e no que non se opoñan a ela, nos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poidan examinarse os proxectos de instalacións nesta Delegación Provincial, edificio administrativo, Ronda da Muralla 70, Lugo, e formula-las reclamacións, por duplicado, que se estimen oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que farán en relación co disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 21 de decembro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 028/1998. Provincia: Lugo.

L.M.T.-C.T.-R.B.T. Soutomango.Termo municipal: O Saviñao.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

12Cabo do MonteMonte alto

José Rodríguez de la FuenteTorre Vilariño, s/n

O Saviñao

5235560

13Cabo do MonteMonte altoAntonio García BeltránTorre Vilariño-Fión, s/n

O Saviñao

6242672