Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 08 de febreiro de 2000 Páx. 1.634

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (138/1999-J).

En virtude do acordado por Elvira Gutiérrez Fernández, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Noia e o seu partido en resolución do día da data, dictada en xuízo de faltas número 138/1999 que se segue perante este xulgado sobre estafa, cítase o denunciado, Eduardo Javier Valenzuela Suárez, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que compareza perante este xulgado o vindeiro día 7 de marzo ás 10.30 horas, co obxecto de asistir á celebración do correspondente xuízo verbal de faltas, cos medios de proba de que se intente valer, facéndolle sabe-lo disposto no artigo 8 do Decreto do 21 de novembro de 1952; poderá ser asistido de letrado.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto en Noia, o dezaoito de xaneiro de dous mil.

A secretaria

Rubricado