Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 08 de febreiro de 2000 Páx. 1.613

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Limpiezas Domiciliarias Lucenses, S.L., para o Centro Rehabilitador San Rafael, de Castro de Ribeiras de Lea.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Limpiezas Domiciliarias Lucenses, S.L., para o Centro Rehabilitador San Rafael, de Castro de Ribeiras de Lea (código 2700730), da provincia de Lugo, asinado o día 9 de decembro de 1999 pola representación da citada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90, puntos 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do citado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 16 de decembro de 1999.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Convenio colectivo do persoal de limpeza do Centro Rehabilitador San Rafael, de Castro de Ribeiras de Lea 2000

Capítulo I

Ámbito de aplicación e duración

Artigo 1º.-Ámbito territorial e persoal.

As estipulacións deste convenio colectivo teñen carácter de mínimas e son de aplicación a todo o

persoal de limpeza que presta os seus servicios no Centro Rehabilitador San Rafael, de Castro de Ribeiras de Lea.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

A vixencia deste convenio iníciase o 1 de xaneiro de 2000, e remata o 31 de decembro de 2000. Chegado o final da vixencia, considerarase prorrogado tacitamente de ano en ano, se non media denuncia dalgunha das partes, que terá que formularse cunha antelación de 4 meses mínimo respecto da data de expiración do prazo de vixencia do convenio ou de calquera das súas prórrogas.

Non obstante, a denuncia do convenio non significa ningunha modificación na aplicación do seu texto articulado, que continuará vixente ata a súa substitución polo novo, nos termos que as partes establezan.

Capítulo II

Xornada, vacacións, horas extraordinarias

e licencias

Artigo 3º.-Xornada laboral.

A xornada laboral establécese alternativamente nunha semana de 39,30 horas e a seguinte de 33,30 horas efectivas de traballo, que se cumprirá de acordo coa seguinte distribución horaria:

Con criterio alternativo establécese que a prestación laboral será:

a) De luns a sábado.

b) De luns a venres, librando o sábado e coa diminución horaria de seis horas de traballo

c) A xornada realizarase de mañá e tarde, en quendas rotatorias entre tódolos membros do cadro de persoal.

Igualmente, o traballo en domingos e festivos devengará dereito á percepción do complemento estipulado, así como compensación en descanso á semana seguinte. Os días 24 e 31 de decembro consideraranse con carácter xeral como xornada non laborable.

Non obstante, nos casos que sexa necesario, por así demandalo a empresa ou organismo arrendatario dos servicios de limpeza, o persoal que presta servicios neste centro de traballo verase obrigado a realizar un servicio mínimo nas seguintes condicións:

A xornada de traballo verase reducida na metade do tempo da que se realiza habitualmente, rematando os traballos antes das 18 horas. Nestes casos, a empresa e a representación dos traballadores negociarán a forma de compensar, ben economicamente ou a través do complemento de traballo en domingos e festivos previsto no artigo 15 bis deste convenio, ben mediante descansos, a reducción antes aludida. Tal compensación negociarase igualmente para aquelas persoas que, pola natureza do traballo que desenvolven, realicen as súas funcións en quendas

rotatorias, persoas que se exceptúan das reduccións horarias previstas neste artigo.

Artigo 4º.-Descansos.

Todo traballador que en cómputo semanal realice 35 horas de traballo efectivo, terá dereito a 30 minutos de descanso computable para tódolos efectos como tempo de traballo.

O mencionado descanso desfrutarase da seguinte maneira:

a) Persoal en quenda de mañá:

Entre as 11 e as 11.30 horas.

b) Persoal en quenda de tarde:

Entre as 18 e as 18.30 horas.

c) Persoal con xornada que non coincida coas quendas sinaladas anteriormente:

Nos 30 minutos seguintes á metade da xornada.

d) Persoal en xornada de mañá e tarde:

Nos 30 minutos seguintes á metade do horario da mañá.

Artigo 5º.-Vacacións.

O período de vacacións será de 30 días e desfrutaranse entre o 1 de xullo e o 30 de setembro, agás petición concreta dos traballadores interesados noutra data.

O persoal de novo ingreso ou que non devengue vacacións completas, terá dereito a desfrutar no citado ano un número de días proporcional ó tempo de servicio.

O persoal deberá concretar durante o mes de marzo a petición de vacacións para que, unha vez planificadas as necesidades da empresa e oída a representación sindical, se faga pública no taboleiro de anuncios desta, antes do 1 de maio, a relación definitiva das quendas. Os traballadores poderán establecer quendas rotativas para sucesivos anos.

En calquera caso e con independencia do sistema establecido, cabe a posibilidade de permuta das datas de desfrute entre os traballadores, sempre que non haxa problemas de tipo organizativo.

Durante o período vacacional non se percibirá o sobresoldo de transporte nin o de asistencia.

Artigo 6º.-Horas extraordinarias.

Soamente se realizarán por forza maior ou as estructurais, entendendo como tales, ademais das previstas no decreto regulador, as necesidades por períodos punta de producción, ausencias imprevistas, baixas de enfermidade ou accidente que non motiven substitución superior a 15 días, por permisos retribuídos e por tempo debido a desprazamentos.

Artigo 7º.-Licencias retribuídas.

As establecidas na ordenanza laboral do sector e Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

En todo caso, o traballador, avisando con suficiente anticipación e posterior xustificación, terá dereito ós seguintes permisos retribuídos:

a) 18 días naturais por matrimonio.

b) 2 días naturais por cambio de domicilio.

c) 3 días por falecemento, enfermidade grave ou intervención cirúrxica de parente por consanguinidade ou afinidade ata o 2º grao. Se o feito ocorrese noutra provincia, o permiso ampliarase a 2 días máis.

d) Polo tempo necesario, ata un máximo de 16 horas anuais, para asistir á consulta médica. Estas ausencias poderanse fraccionar.

e) Polo tempo necesario para o cumprimento de deberes públicos.

f) 6 días retribuídos para asuntos propios.

Capítulo III

Mellora das condicións de traballo

Artigo 8º.-Situacións particulares.

Durante o embarazo, a muller traballadora terá dereito a que se lle asigne un posto de traballo que esixa menos esforzo físico có que viña realizando habitualmente, se for posible e existise o dito posto.

Artigo 9º.-Recoñecementos médicos.

A empresa velará pola práctica de recoñecementos médicos iniciais e periódicos, conforme o establecido polas disposicións vixentes.

Pola súa banda, os traballadores estarán obrigados a someterse a cantos recoñecementos médicos dispoña a empresa por conta dela, tanto en situación activa como en situación de IT ou análoga.

Os recoñecementos médicos orientaranse preferentemente ás enfermidades máis habituais do sector, efectuándose, sempre que sexa posible, dentro da xornada laboral do traballador e facéndolle entrega a este do resultado do recoñecemento.

Artigo 10º.-Roupa de traballo.

A empresa entregaralles a tódolos traballadores a roupa e material de traballo necesarios, en cada caso, para o desenvolvemento das funcións que teñan asignadas, sendo obrigatorio o cumprimento da entrega anual de dous uniformes. Así mesmo, entregaranse luvas, calzado e roupa de auga sempre que fose necesario, así como un par de zocos ó ano.

Capítulo IV

Adscrición do persoal

Artigo 11º.-Subrogación do persoal.

Ó remate da contrata de limpeza, os traballadores da empresa contratista saínte pasarán a estar adscritos á nova titular da contrata, que se subrogará en tódolos dereitos e obrigas da anterior adxudicataria con respecto a tódolos traballadores, calquera que sexa a situación na que se achen e a modalidade do seu contrato de traballo, coa única excepción daqueles que se incorporasen nos últimos catro

meses, se a dita incorporación non se debe á ampliación da contrata ou a unha esixencia expresa do cliente.

Nun prazo de tres días hábiles, a empresa saínte deberá facilitarlle á entrante a seguinte documentación:

-Certificado do organismo competente de estar ó día no pagamento da Seguridade Social.

-Fotocopia das cinco últimas nóminas mensuais dos traballadores afectados.

-Fotocopias dos TC-1 e TC-2 de cotización á Seguridade Social dos cinco últimos meses.

-Relación de persoal na que se especifique: nome, apelidos, domicilio, número de afiliación á Seguridade Social, antigüidade, xornada, horario, modalidade da súa contratación e data do desfrute das vacacións.

O empresario saínte estará, así mesmo, obrigado a lle liquidar ó entrante as partes proporcionais dos conceptos retribuídos dos traballadores, co obxecto de que estes poidan desfrutar completas as súas vacacións e cobrar integramente as pagas correspondentes.

O contrato de traballo entre a empresa saínte e os traballadores só se extingue no momento en que se produza a súa subrogación por parte da nova adxudicataria.

A aplicación deste artigo será de obrigado cumprimento para as partes que vincula, empresa cesante, nova adxudicataria e traballador, sen que desapareza o seu carácter vinculante por efecto de que a empresa adxudicataria do servicio suspenda este por un período inferior a dous meses.

Artigo 12º.-Salario.

Durante o ano 2000, os traballadores afectados por este convenio percibirán os salarios establecidos na táboa anexa, que reflicte un incremento global do 4%.

Artigo 13º.-Complemento de asistencia.

Os traballadores afectados por este convenio percibirán, durante o ano 2000, a cantidade de 250 pesetas diarias de traballo efectivo.

Artigo 14º.-Complemento de transporte.

Os traballadores afectados por este convenio percibirán, durante o ano 1999, a cantidade de 260 pesetas por día efectivo de traballo, con independencia dos medios de transporte ou distancia que, en cada caso, existan entre o centro de traballo e o domicilio respectivo.

Artigo 15º.-Complemento penoso e perigoso.

Aboarase a cantidade resultante de aplicarlle o 20% ó salario base de cada categoría profesional.

Artigo 15 bis.-Complemento de traballo en domingos e festivos.

Os traballadores percibirán 2.000 pesetas como compensación por cada domingo ou festivo traba

llado, no que realicen xornada laboral, con independencia das demais retribucións que, segundo este convenio, puidesen corresponderlles.

Artigo 16º.-Complemento de nocturnidade.

O incremento por traballo nocturno consistirá nun 25% do salario base, e regularase polas normas contidas na ordenanza laboral do sector e lexislación xeral.

Artigo 17º.-Antigüidade.

Establécese un complemento persoal de antigüidade por cada período de tres anos de servicios prestados na empresa.

O importe de cada trienio será para cada traballador dunha contía igual ó 4% do salario base.

Artigo 18º.-Gratificacións extraordinarias.

Os traballadores terán dereito a dúas pagas extraordinarias, que serán percibidas o día laboral anterior ó 25 de xullo e o 22 de decembro respectivamente. Estas pagas serán percibidas na contía de 30 días de salario base máis antigüidade.

Como norma xeral, o devengo das gratificacións extraordinarias previstas neste artigo, así como a prevista no artigo seguinte, será anual. Sen embargo, aquelas que veñen empregando o devengo semestral, terán que especificar nas nóminas relativas as gratificacións extraordinarias ó emprego de tal devengo.

Artigo 19º.-Paga de beneficios.

A paga de beneficios será de 30 días. Percibirase durante o primeiro trimestre do ano, de acordo co salario base máis antigüidade vixente o 31 decembro do ano anterior.

O tempo que o traballador permaneza en situación de IT terase en conta como tempo de traballo efectivo para o devengo da paga de beneficios.

Artigo 20º.-Anticipos.

Os traballadores afectados por este convenio poderán solicitar anticipos por conta do seu salario cunha antelación mínima de 48 horas á data do seu pagamento. A este respecto, esta queda establecida nos días 15 de cada mes.

Artigo 21º.-Pagamento da nómina.

A empresa deberá aboar, dentro dos seis primeiros días de cada mes, os salarios devengados no mes anterior. Se o día de pagamento fose inhábil, adiantarase ó día hábil inmediatamente anterior.

Artigo 22º.-Vinculación á totalidade.

Este convenio constitúe un todo orgánico e indivisible, polo que os acordos contidos nel teñen validez considerados conxuntamente. Se algunha das partes fose declarada sen efecto pola xurisdicción competente, deberá reconsiderarse o seu conxunto globalmente.

Artigo 23º.-Incapacidade temporal.

Establécense dous supostos:

a) No caso de hospitalización correspondente, percibirá o 100% do salario de convenio máis antigüdade, mentres dure esta.

Así mesmo, no caso de intervención cirúrxica con hospitalización mínima de 48 horas, o/a traballador/a percibirá, no período de convalecencia cunha duración máxima de 120 días naturais, un complemento ata o 100% do salario de convenio máis antigüidade.

b) O traballador que cause baixa por accidente laboral acontecido no centro de traballo percibirá o 100% do salario do convenio máis antigüidade, desde o primeiro día de baixa e mentres dure esta. Se o accidente laboral se producise fóra do lugar de traballo, a empresa completará o dito salario a partir do décimo día da baixa.

Capítulo VI

Acción social

Artigo 24º.-Xubilacións anticipadas.

Os traballadores que se xubilen voluntariamente antes de acada-la idade regulamentaria, percibirán as seguintes cantidades, segundo a idade:

-Ós 60 anos: 234.000 pesetas.

-Ós 61 anos: 208.000 pesetas.

-Ós 62 anos: 182.000 pesetas.

-Ós 63 anos: 156.000 pesetas.

-Ós 64 anos: 78.000 pesetas.

As cantidades mencionadas establécense para aquelas persoas contratadas a xornada completa. Nos contratos a tempo parcial serán percibidas proporcionalmente ó tempo contratado.

Capítulo VII

Acción sindical

Artigo 26º.-Dereitos sindicais.

Aplicarase o disposto no vixente Estatuto dos traballadores e na Lei de liberdade sindical.

O delegado de persoal gozará, como mínimo, de 15 horas sindicais ó mes retribuídas para tódolos

efectos, das cales quedan excluídas as empregadas para a asistencia á negociación colectiva.

Artigo 27º.-Póliza de accidentes.

A empresa contratará para os traballadores unha póliza de seguros individual ou colectiva que cubra en caso de:

-Morte ou invalidez total: 2.860.000 pesetas.

-Invalidez absoluta ou grande invalidez: 3.120.000 pesetas.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Comisión mixta paritaria.

As partes asinantes deste convenio constituirán unha comisión paritaria coas funcións de interpretación, arbitraxe, conciliación e vixilancia de canto se estipula neste convenio, composta por un representante da empresa e un en representación do sindicato asinante deste convenio. As partes poderán levar ás reunións asesores con voz e sen voto. As discrepancias que se presenten serán sometidas á xurisdicción laboral.

Segunda.-Normas subsidiarias.

Para o non previsto neste convenio aplicarase o que dispón o convenio provincial de limpeza de edificios e locais da provincia de Lugo, Estatuto dos traballadores e demais disposicións legais vixentes.

Terceira.-Condicións máis beneficiosas.

Respectaranse as condicións máis beneficiosas que a título persoal puidese ter calquera persoa afectada polo convenio.

Cuarta.-Comisión negociadora.

As partes asinantes comprométense a inicia-la negociación do novo convenio dentro do último cuadrimestre de vixencia deste, con antelación suficiente de cara á elaboración dos orzamentos económicos do seguinte exercicio.

ANEXO

Categ.S. base mes/D.S. base anualP. extra

Ben. Xul. Nadal

Complemento

P. e P.

Complemento

Transp.

Complemento

Asist.

Total

Devenga.

Enc.98.4611.181.541295.385236.30871.24068.3901.951.325

Limp.2.8221.030.025253.950205.98171.24068.3901.632.627

Complemento transporte día: 260 ptas.

Complemento asistencia día: 250 ptas.