Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 07 de febreiro de 2000 Páx. 1.600

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO do 25 de xaneiro de 2000, do Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social, de concurso por procedemento aberto, de servicio de traballos de imprenta.

1. Entidade adxudicadora: Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social, Inludes.

2. Obxecto: servicio de traballos de imprenta para o Centro de Artesanía e Deseño do Inludes.

3. Orzamento: sete millóns (7.000.000 de ptas.).

4. Prazo de entrega: 15 días desde a data de adxudicación.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación, depositada na Tesourería do Inludes.

6. Información: Sección de Servicios Xerais Negociado de Xestión de Programas, Rexistro e Información.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 13 días naturais, a partir do seguinte ó da publicación deste extracto de anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

c) Rexistro xeral do Inludes, das 10 ás 14 horas.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP nº 19, do 25 de xaneiro de 2000.

Lugo, 25 de xaneiro de 2000.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo