Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 07 de febreiro de 2000 Páx. 1.597

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (PPA 3/1999).

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o 21 de xaneiro de 2000 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o Plan parcial para a construcción de vivendas unidas na Zapateira, presentado por Promocións O' Carón, S.L.

2. Ordena-la súa publicación na forma legalmente prevista.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente poidan formularse as alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os gastos de publicación serán aboados polo promotor.

A Coruña, 28 de xaneiro de 2000.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo