Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 07 de febreiro de 2000 Páx. 1.592

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/318-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. en Poza Real.

Situación: Santiago de Compostela.

Características técnicas: retranqueo de liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 220 m de lonxitude, con orixe na liña Sar-Santiago II, na rúa Poza Real e final en apoio que se vai intercalar paso aéreo subterráneo inmediacións Camiño Real de Conxo. Liña eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 80 m de lonxitude, con orixe na liña Santiago II-Conxo (expediente 30728) e final en C.T. que se vai instalar en Poza Real. Centro de transformación, en caseta prefabricada formigón, de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Poza Real. Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 22 de decembro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña