Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 07 de febreiro de 2000 Páx. 1.556

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de edificación e obras públicas.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector de edificación e obras públicas (código 2700255), da provincia de Lugo, asinado o día 2 de novembro de 1999, pola representación da patronal (APEC) e das centrais sindicais MCA-UGT (36,3%), Fecoma-CC.OO. (31,7%), USO (10,5%) e FCM-CIG (17,3%), e de conformidade co disposto no artigo 90 números 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo. Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 10 de decembro de 1999.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Asistentes e representantes:

Representación sindical:

Por MCA-UGT co 36,3%:

Adolfo Mosteirín Turia.

Plácido Regueiro Gorgoso.

Pedro González Sordo.

Por Fecoma-CC.OO. co 31,7%:

Jesús Varela Lodeiro.

Ángel Barreiro Pérez.

Por USO co 10,5%:

Mª del Carmen Arias Río.

Manuel Expósito López.

Por FCM-CIG co 17,3%:

Ignacio Javier García Gómez.

Guillermo Rey Rouco.

Xosé Manuel Seixas Ares.

Representación patronal (APEC):

Hipólito Trinidad Losada.

Miguel Varela Varela.

Ricardo Castro López.

José Juan Meijide Calvo.

Manuel Sánchez Varela.

Juan Manuel González Zaera González.

Silviano Pizarro Gómez.

Asesora:

Pilar Díaz Rodríguez.

Na cidade de Lugo e na sede da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Lugo, sita na Avda. das Américas, 15-17 entreplanta, reúnense os representantes das centrais sindicais e da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Lugo, relacionados na marxe, ás 20 horas do día 20 de novembro de 1999, logo de convocatoria cursada para o efecto con obxecto de negocia-lo convenio colectivo de traballo para a actividade de edificación e obras públicas na provincia de Lugo.

Aberta a sesión e despois dunha ampla deliberación, chégase ós seguintes acordos:

1º Aproba-lo convenio colectivo de traballo para a actividade de edificación e obras públicas na provincia de Lugo para o ano 1999, coa redacción que se xunta con tódolos seus anexos.

2º Aproba-la táboa de retribucións revisada que figura no anexo I.

3º Publica-lo texto do convenio colectivo, táboas de retribucións e calendario do citado convenio coa vixencia que no dito texto se indica.

4º Remiti-la presente acta co texto do convenio e documentación adxunta á Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais de Galicia en Lugo para o seu rexitro e envío ó DOG e ó BOP.

5º Que os atrasos de retribucións aboaranse no mes seguinte á publicación deste acordo no BOP ou DOG, non obstante, a parte empresarial recomendaralles ós seus asociados o aboamento destes atrasos antes de remata-lo ano 1999.

6º Autorizar expresamente a asesora da comisión negociadora Pilar Díaz Rodríguez para que se dirixa á delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para os efectos de proceder á tramitación, depósito e publicación.

7º A CIG manifesta o seu desexo de non asinar este convenio.

E en proba de conformidade asinan esta acta os integrantes da comisión negociadora, no lugar e data expresados no encabezamento; se ben non subscribe o acordo a CIG, que queda non obstante aprobado pola maioría absoluta da representación sindical e a totalidade dos representantes empresariais.

Asistentes e representantes:

Representación sindical:

Por MCA-UGT co 36,3%:

Adolfo Mosteirín Turia.

Plácido Regueiro Gorgoso.

Pedro González Sordo.

Por Fecoma-CC.OO. co 31,7%:

Jesús Varela Lodeiro.

Ángel Barreiro Pérez.

Por USO co 10,5%:

Mª del Carmen Arias Río.

Manuel Expósito López.

Por FCM-CIG co 17,3%:

Ignacio Javier García Gómez.

Guillermo Rey Rouco.

Xosé Manuel Seixas Ares.

Representación patronal (APEC):

Hipólito Trinidad Losada.

Miguel Varela Varela.

Ricardo Castro López.

José Juan Meijide Calvo.

Manuel Sánchez Varela.

Juan Manuel González Zaera González.

Silviano Pizarro Gómez.

Asesora:

Pilar Díaz Rodríguez.

Na cidade de Lugo e na sede da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Lugo, sita na Avda. das Américas, 15-17 entreplanta, reúnese a comisión deliberadora do Convenio de Edificación de Obras Públicas constituída polos representantes das centrais sindicais e da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Lugo, relacionados na marxe, ás 20 horas do día 23 de novembro de 1999, logo de convocatoria cursada para o efecto con obxecto de emenda-los erros advertidos no citado convenio e para tal efecto

ACORDAN:

1º Emenda-la última palabra «paritaria» que figura no último parágrafo da acta de constitución da comisión mixta deliberadora do convenio de edificación e obras públicas presentada no rexistro xeral do edificio administrativo de Lugo o 18-12-1998, que ten que quedar suprimida.

2º Emenda-lo acordo primeira da acta de aprobación do convenio de edificación e obras públicas presentada o 2 de novembro do ano en curso no Rexistro Xeral do Edificio Administrativo, que queda redactado como segue:

«Aproba-lo convenio colectivo de traballo para a actividade de edificación e obras públicas na provincia de Lugo para os anos 1999, 2000 e 2001, coa redacción que se xunta con tódolos seus anexos».

3º Emenda-lo erro advertido no artigo 6º do convenio que queda redactado nos seguintes termos:

«Para o ano 1999, 2000 e 2001 o incremento económico encóntrase reflectido nos conceptos de salario base, gratificacións extraordinarias, retribución de vacacións e complementos salariais e extrasalariais que figuran no anexo I e artigo 6 do anexo V».

4º Autorizar expresamente a asesora da comisión negociadora Pilar Díaz Rodríguez para que se dirixa á delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para os efectos de presentar esta acta de emenda.

E en proba de conformidade asinan esta acta tódolos integrantes da comisión negociadora, a excepción dos representantes da FCM-CIG no lugar e data expresados no encabezamento.

Convenio colectivo de traballo para a actividade de edificación e obras públicas da provincia de Lugo

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio é de obrigado cumprimento na actividade de edificación e obras públicas que se citan a continuación.

1. Constructores de edificios.

2. Constructores-promotores de edificios urbanos.

3. Constructores sen ánimo de lucro.

4. Urbanizadores.

5. Construccións industrializadas.

6. Edificacións diversas e especiais.

7. Ferrallistería.

8. Elaboración e instalación de pedra e mármore.

9. Pocería e saída de agua á superficie.

10. Carpintería de armar.

11. Albanelería.

12. Instaladores de materiais illantes e protección.

13. Soldadores e colocadores de azulexos.

14. Decoradores de xeso e escaiola.

15. Pintores.

16. Instalacións complementarias da edificación.

17. Reparacións e restauracións de monumentos.

18. Ambientación e axardinamento.

19. Constructores de complexos deportivos.

20. Oficinas consultoras e de proxectos de edificación e obras públicas.

21. Constratistas de obras públicas.

22. Empresas de obras públicas de ámbito nacional.

23. Empresas concesionarias de auotestradas (construcción delas).

24. Mesturas asfálticas.

25. Obras de dragaxe en xeral.

26. Sondaxes e pilotaxes.

27. Obras especiais.

28. Conservación e mantemento de autovía, autoestrada, estradas e vías férreas.

Artigo 2º.-Lexislación supletoria.

No non previsto neste convenio será de aplicación a lexislación xeral e o convenio xeral do sector da construcción publicado no BOE do 4-6-1998 e acordo sectorial nacional do 24-5-1999.

Artigo 3º.-Ámbito territorial.

Este convenio é de aplicación a tódalas empresas e traballadores comprometidos no seu ámbito funcional que realicen a súa actividade na provincia de Lugo, aínda cando o domicilio social da empresa radicase fóra dela.

Artigo 4º.-Ámbito persoal.

O convenio afecta a tódolos traballadores e empresas da provincia de Lugo incluídas no ámbito funcional, salvo ó persoal directivo nivel I.

Artigo 5º.-Vixencia e incrementos salariais.

Este convenio terá vixencia para efectos económicos desde o 1 de xaneiro de 1999 ata o 31 de decembro de 2001, logo da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou no BOP, coas actualizacións que se recollen no artigo 6º.

Non obstante o anterior, e para evita-lo baleiro normativo que noutro caso se produciría, unha vez rematada a súa vixencia inicial, ou a de calquera das súas prórrogas, continuará rexendo na súa totalidade o seu contido normativo como no obrigacional ata que sexa substituído por outro.

Artigo 6º. Incrementos económicos.

Para o ano 1999, 2000 e 2001 o incremento económico encóntrase reflectido nos conceptos de salario base, gratificacións extraordinarias, retribución de vacacións e complementos salariais e extrasalariais que figuran no anexo I.

Artigo 7º.-Cláusula de garantía salarial.

No suposto de que o incremento anual do Índice de Prezos para o Consumo (IPC) o 31 de decembro de 1999 supere o un con oito por cento (1,8%) efectuarase unha revisión económica sobre o exceso do dito tanto por cento, para efectos de que sirva de base para a negociación colectiva seguinte.

O mesmo criterio fixado no parágrafo anterior operará, se é o caso, para a revisión económica dos anos 2000 e 2001, cando do IPC o 31 de decembro, supere o IPC previsto nos orzamentos xerais do Estado respectivos, que servirán de base para fixa-los incrementos salariais sinalados no artigo 6º deste convenio.

Esta revisión, se é o caso, afectará os conceptos previstos no artigo 6º deste convenio.

Artigo 8º.-Indivisibilidade e vinculación á totalidade.

Sendo as condicións pactadas un todo orgánico e indivisible, o presente convenio será nulo e quedará sen efecto no suposto de que a xurisdicción competente anulase ou invalidase algún dos pactos. Se se dese tal suposto, as partes signatarias deste convenio comprométense a reunirse dentro dos 10 días seguintes ó da firmeza da resolución correspondente, para o obxecto de resolve-lo problema formulado. Se no prazo de 45 días, a partir da data de firmeza da resolución en cuestión, as partes signatarias non alcanzasen un acordo, comprométense a fixa-lo calendario de reunións para a negociación do convenio na súa totalidade.

Artigo 9º.-Rescisión.

A denuncia de rescisión ou revisión do convenio deberá efectuarse cunha antelación de tres meses á súa data de terminación, mediante comunicación escrita á outra parte.

Artigo 10º.-Absorción, compensación, condicións mínimas e condicións máis beneficiosas.

As condicións do presente convenio absorberán ou compensarán calquera outra que exista á entrada en vigor e as que puidesen establecerse durante a

súa vixencia, con respecto ás condicións máis beneficiosas que os traballadores teñan recoñecidas á entrada en vigor do convenio.

Artigo 11º.-Roupa de traballo.

Ó persoal da obra seralle entregada pola empresa unha peza de roupa de traballo ou funda, que terá unha duración de seis meses.

Esta peza será entregada unha vez superado, satisfactoriamente, o período de proba, e as sucesivas dentro dos primeros días seguintes ó de se cumpriren os seis meses, sendo o uso delas obrigatorio.

A empresa poderá hacer constar, nas ditas pezas, o anagrama dela e a actividade.

A conservación e limpeza da citada roupa de traballo será por conta do traballador, o cal debe manter un bo estado de conservación.

Artigo 12º.-Médico de empresa.

As empresas que estivesen, ou non, obrigadas por disposición legal, a contar co servicio médico de empresa, quedan facultadas para constituí-lo dito servicio por si soas, por agrupación dalguna delas, ou ben establecendo un servicio común por mediación da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Lugo.

Sempre que as mutuas patronais ou mutualidades laborais que cobren os riscos de accidente de traballo en cada empresa desexen realizar recoñecementos médicos sobre posibles enfermidades profesionais, así como cando o Gabinete de Seguridade e Hixiene de Lugo programe recoñecementos periódicos no sector, as empresas estarán obrigadas a concede-lo tempo necesario para realizar revisións médicas, logo da debida citación, por escrito, na que deberá figurar: día, hora e lugar de recoñecemento.

Artigo 13º.-Salario mínimo interprofesional.

O salario mínimo interprofesional non modificará a estructura do presente convenio, nin a contía das retribucións salariais e extrasalariais pactadas nel, sempre e cando se lles garanta ós traballadores ingresos superiores, en cómputo anual, ós mínimos fixados por disposicións daquel salario mínimo interprofesional.

En todo caso, ó efectua-la revisión dos conceptos retributivos para o segundo ano en vixencia, terase en conta que o salario base do convenio, en cada categoría profesional, non poderá ser inferior ó salario mínimo interprofesional vixente nese momento.

Réxime de traballo

Artigo 14º.-Período de proba.

1. Poderá concertarse por escrito un período de proba que en ningún caso poderá exceder de:

a) Técnicos titulados: 6 meses.

b) Empregados:

Niveis III, IV e V: 3 meses.

Niveis VI ó X: 2 meses.

Resto de persoal: 15 días naturais.

c) Persoal operario:

Encargados e capataces: 1 mes.

Resto de persoal: 15 días naturais.

2. Durante o período de proba o traballador terá os dereitos e obrigas correspondentes á súa categoría profesional e ó posto de traballo que desempeñe, como se fose do cadro de persoal, excepto os derivados da resolución da relación laboral, que poderán producirse por instancia de cualquera das partes durante o transcurso, sen necesidade de aviso previo e sen que ningunha das partes teña dereito a indemnización ningunha; a desistencia deberase comunicar por escrito.

3. Transcorrido o tempo de proba sen que se producise a desistencia, o contrato producirá plenos efectos; o tempo de servicios prestados computarase para efectos de permanencia na empresa.

A situación de IT, se o empresario non desistise do contrato durante tal situación, suspenderá o período de proba.

4. Os titulares da cartilla profesional expedida pola Fundación Laboral da Construcción, con contrato de fixo de obra ou outra modalidade de contrato temporal, estarán exentos do período de proba para os traballos da súa categoría profesional sempre que conste na cartilla profesional que acreditou o seu cumprimento en calquera empresa anterior; mentres subsista esta orbriga no convenio xeral da construcción.

Artigo 15º.-Conservación do equipo mecánico.

Todo traballador, responsable dun equipo mecánico de traballo, terá a obriga, durante a xornada laboral -e nos tempos mortos-de coidar da boa conservación e mantemento del, podéndose esixir responsabilidade en caso contrario.

Artigo 16º.-Xornada de traballo.

A xornada laboral normal de traballo establécese en 1.760 horas efectivas ó ano, que se realizarán a razón de 40 horas semanais, que se repartirán de luns a venres a razón de 8 horas diarias, sendo inhábiles sábados e domingos, conforme o calendario laboral anexo II.

A xornada para o ano 2000 será igualmente de 1.760 horas efectivas de traballo, e para o ano 2001 de 1.756 horas efectivas de traballo, sendo inhábiles sábados e domingos.

Artigo 17º.-Recuperación de horas non traballadas

O 70 por 100 das horas non traballadas por interrupción da actividade, debido a causas de forza maior, accidentes atmosféricos, inclemencias do tempo, falta de subministracións, ou calquera outra causa non imputable á empresa, recuperaranse a razón dunha hora diaria nos días laborables seguin

tes, logo de comunicación ós traballadores e, se é o caso, ós seus representantes legais no centro de traballo.

No suposto de que a referida interrupción alcance un período de tempo superior a vintecatro horas efectivas de traballo, aplicarase o disposto en materia de suspensión do contrato, por causa de forza maior, no convenio xeral da construcción.

Todo isto mentres subsista esta obriga no convenio xeral da construcción.

Artigo 18º.-Vacacións.

As vacacións terán unha duración de trinta días naturais para tódalas categorías.

O inicio das vacacións por parte dos traballadores farase sempre nun día hábil, que non sexa venres, mentres subsista esta obriga no convenio xeral da construcción.

En todo momento haberá que aterse ó disposto no artigo 38 do Estatuto dos traballadores que di textualmente:

1. O período de vacacións anuais retribuídas, non substituíbles por compensación económica, será o pactado en convenio colectivo ou contrato individual. En ningún caso a duración será inferior a trinta días naturais.

2. O período de desfrute fixarase de común acordo entre o empresario e o traballador, que tamén poderán convir na división en dous do período total. A falta de acordo haberá que aterse ó disposto nos convenios colectivos sobre planificación anual das vacacións, respectándose, en cualquera caso, os criterios seguintes:

a) O empresario poderá excluír como período vacacional aquel que coincida coa maior actividade productiva da empresa, logo de consulta cos representantes legais dos traballadores.

b) Por acordo entre o empresario e os representantes legais dos traballadores poderanse fixa-los períodos de vacacións de todo o persoal, xa sexa en quendas organizadas sucesivamente, xa sexa con suspensión total de actividades laborais, sen máis excepcións que as tarefas de conservación, reparación e similares.

c) Cando exista un réxime de quenda de vacacións, os traballadores con responsabilidades familiares teñen preferencia a que as súas coincidan cos períodos de vacacións escolares.

d) Se existise desacordo entre as partes, a xurisdicción competente fixará a data que para o desfrute corresponda e contra a súa decisión non se poderá recorrer. O procedemento será sumario e preferente.

3. O calendario de vacacións será fixado en cada empresa. O traballador coñecerá as datas que lle corresponden dous meses antes, polo menos, do comezo do desfrute.

4. As vacacións desfrutaranse por anos naturais. No primeiro ano de prestación de servicios na empresa só se terá dereito ó desfrute da parte proporcional correspondente ó tempo realmente traballado durante o dito ano.

5. O dereito a vacacións non é susceptible de compensación económica. Non obstante, o persoal que cese durante o transcurso do ano, terá dereito ó aboamento do salario correspondente á parte de vacacións devengadas e non desfrutadas, como concepto integrante da liquidación pola súa baixa na empresa.

6. Para efectos do devengo de vacacións, considerarase como tempo efectivamente traballado o correspondente á situación de IT, sexa cal for a súa causa. Non obstante, dado que o dereito a desfrute de vacacións caduca co transcurso do ano natural, perderase se ó vencemento deste o traballador continuase de baixa, aínda que manterá o dereito a percibi-la diferencia entre a retribución correspondente a vacacións e a prestación de IT.

7. Unha vez iniciado o desfrute do período regulamentario de vacacións, se sobreviñese a situación de incapacidade laboral transitoria, a duración dela computarase como días de vacacións, sen prexuízo do dereito do traballador a percibi-la diferencia entre a retribución correspondente a vacacións e a prestación de IT.

Se a incapacidade temporal se producise despois de pactada a data de inicio para o desfrute individual das vacacións e antes de chegar esa data, o traballador manterá o dereito a desfruta-las vacacións ata o transcurso do ano natural, acordándose un novo período de desfrute despois de producida alta da IT.

O parágrafo anterior non será de aplicación nos supostos de vacacións colectivas de todo un centro de traballo.

8. O desfrute de vacacións, como norma xeral e salvo pacto contrario, terá carácter ininterrompido.

9. A retribución de vacacións consistirá na cantidade fixa establecida nas táboas salariais do convenio.

10. As vacacións terán unha duración de trinta días naturais para tódalas categorías. Non serán en ningún caso computables os días festivos (FC) que reflicte o anexo II do calendario do sector.

Artigo 19º.-Permisos e licencias.

1. O traballador, con aviso previo de polo menos 48 horas, salvo acreditada urxencia, e xustificación posterior, encóntrase facultado para ausentarse do traballo, mantendo o dereito á percepción de todos aqueles conceptos retributivos que non se encontren vinculados de forma expresa á prestación efectiva da actividade laboral, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) Tres días naturais por nacemento ou adopción dun fillo.

c) Un día por matrimonio de fillos.

d) Tres días naturais por falecemento do cónxuxe e parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

e) Dous días naturais por enfermidade grave do cónxuxe e parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

f) Un día por traslado do domicilio habitual.

g) Polo tempo necesario para concorrer a exames como consecuencia dos estudios que estea a realizar en centros de ensino universitarios ou de formación profesional de carácter publico ou privado, recoñecidos.

Cando polos motivos expresados nas alíneas b), c), d) e e), o traballador necesite efectuar un desprazamento para o efecto, os prazos sinalados neles incrementaranse en dous días naturais.

2. Nas mesmas condicións que as previstas no número 1 do presente artigo, o traballador poderá ausentarse do traballo polo tempo necesario para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal un período determinado de ausencia, haberá que aterse ó que esta dispoña, en canto á súa duración e compensación económica.

No suposto de que, polo cumprimento do deber ou desempeño do cargo público, o traballador perciba unha compensación económica, cualquera que sexa a súa denominación, descontarase o importe dela da retribución a que tivese dereito na empresa.

Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade de prestación de traballo en máis do vintecinco por cento das horas laborables nun período de tres meses, a empresa encóntrase facultada para decidi-lo paso do traballador afectado á situación de excedencia forzosa, con tódolos efectos inherentes a ela.

3. Os traballadores, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito, sen perda ningunha de retribución, a unha hora diaria de ausencia do traballo que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, e igualmente sen perda de retribución, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada laboral en media hora diaria coa mesma finalidade. No caso de que a nai e o pai traballen, este permiso poderá ser desfrutado unicamente por un deles.

4. O traballador que, por razóns de garda legal, teña ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou un diminuído físico ou psíquico que non desempeñe outra actividade retributiva, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario, entre un tercio e un máximo da metade da duración daquela.

O exercicio deste dereito por parte do traballador durante os primeiros nove meses de vida do menor é incompatible co previsto no número 3 do presente artigo.

Réxime económico

Artigo 20º.-Percepcións económicas.

1. Do conxunto de percepcións económicas, en diñeiro ou en especie, que o traballador obtén na relación de traballo por conta allea, unhas percíbeas como retribución ou contraprestación directa pola prestación do seu traballo e son as que constitúen o salario. Outras recíbeas como compensación de gastos, como prestacións e os seus complementos e indemnizacións ou por modificacións na súa relación de traballo, non formando ningunha delas parte do salario por seren percepcións de carácter extrasalarial.

2. Percepcións económicas salariais:

a) Salario base é aquela parte da retribución que se fixa atendendo exclusivamente a unidade de tempo, co rendemento normal esixible, de acordo coa táboa salarial exposta no anexo I.

b) Complementos salariais ou cantidades que, se é o caso, deben adicionarse ó salario base, atendendo as seguintes circunstancias distintas da unidade de tempo:

Persoais, tales como antigüidade consolidada, de se-lo caso.

De posto de traballo, tales como as derivadas de traballo, incentivos, traballo por axuste, complementos de actividade ou asistencia ou horas extraordinarias.

As cantidades que as empresas aboen libre e voluntariamente ós seus traballadores.

As pagas extraordinarias e a retribución de vacacións.

3. Percepcións económicas non salariais:

a) As prestacións e indemnizacións da Seguridade Social e os seus complementos.

b) As indemnizacións ou suplidos por gastos que tivesen que ser realizados polo traballador como consecuencia da súa actividade laboral, tales como ferramentas e roupa de traballo, así como as cantidades que se aboen en concepto de axudas de custo, gastos de viaxe ou locomoción, complementos extrasalariais, e aquelas diferencias de aluguer ou custo de vivenda que viñese percibindo o traballador, en aplicación do artigo 146.7º da derrogada, para o sector da construcción, ordenanza laboral da construcción.

c) As indemnizacións por cesamentos, mobilidade xeográfica, suspensións, extincións, resolucións de contrato ou despedimento e accidente de traballo e enfermidade profesional.

4. Aqueles complementos salariais que teñan carácter funcional ou circunstancias como os de posto de traballo, os de calidade ou cantidade de traballo realizado, e as cantidades que as empresas aboen libre e voluntariamente, consideraranse non conso

lidables no salario do traballador e non se computarán como base das percepcións económicas do número 2 deste artigo.

Artigo 21º.-Estructura das percepcións económicas.

1. Conceptos salariais e extrasalariais que forman parte da táboa de percepcións económicas:

a) Os conceptos son os seguintes:

Salario base.

Gratificacións extraordinarias

Complementos salariais.

Complementos extrasalariais.

b) No concepto gratificacións extraordinarias enténdese incluída a retribución de vacacións.

c) En complementos salariais considéranse incluídos tódolos complementos que se pacten, que constitúan contraprestación directa do traballo e non compensación de gastos orixinados por asistir ou realiza-lo traballo.

d) En complementos extrasalariais considéranse incluídos cantos conceptos se pacten, de carácter indemnizatorio de gastos orixinados ó traballador pola prestación do seu traballo, tales como distancia, transporte, percorrido, ferramentas e roupa de traballo.

2. Dentro do citado espírito de homoxeneización e racionalización, acórdase establece-las proporcións que deben gardar algúns conceptos, en relación co total anual pactado nas táboas de percepcións económicas deste convenio.

a) Os conceptos de salario base e gratificacións extraordinarias definidos no artigo anterior, sumados, deberán quedar abranguidos entre o 65 por 100 e o 75 por 100 do total anual das táboas do convenio para cada categoría ou nivel.

b) O complemento extrasalarial deberá quedar abranguido, durante 1999 para cada categoría ou nivel retributivo, entre o 5 por 100 e o 8 por 100.

Durante os restantes anos da vixencia deste convenio, estas porcentaxes variarán segundo a seguinte escala:

Ano 2000 entre o 5 e o 7%.

Ano 2001 entre o 5 e o 7%.

c) Os complementos salariais sumados ocuparán a restante porcentaxe que resulte de aplica-los dous criterios anteriores sobre o total anual das táboas do convenio, para cada categoría ou nivel retributivo.

3. Ademais dos conceptos citados, poderán existir no recibo de salarios dos traballadores as restantes percepcións a que fai referencia o artigo anterior.

Todo isto mentres subsistan estas obrigas no convenio xeral do sector da construcción.

Artigo 22º.-Devengo das percepcións económicas.

1. O salario base devengarase durante tódolos días naturais, polos importes que, para cada categoría e nivel, se establecen no anexo I.

2. Os complementos salariais de convenio devengaranse durante os días efectivamente traballados, polos importes que, para cada categoría e nivel, se fixen no anexo I.

3. O complemento extrasalarial de convenio devengarase durante os días de asistencia ó traballo, polos importes que se fixan no anexo I.

4. As pagas extraordinarias devengaranse por días naturais, na seguinte forma:

a) Paga de xuño: do 1 de xaneiro ó 30 de xuño.

b) Paga de Nadal: do 1 de xullo ó 31 de decembro.

5. A remuneración anual mencionada abranguerá tódalas percepcións económicas pactadas no convenio, por nivel e categoría profesional.

De acordo coas formas de devengo, a remuneración anual virá dada pola seguinte fórmula:

RA= Sbx335+{(CS+CE)xnº de días efectivos de traballo)}+vacacións+PX+PN.

RA=remuneración anual.

SB=salario base.

CS=complementos salariais.

CE=complementos extrasalariais.

PX=paga de xuño.

PN=paga de Nadal.

Artigo 23º.-Pagamento das percepcións económicas.

1. Pagamento do salario.

a) Tódalas percepcións, excepto as de vencemento superior ó mes, aboaranse mensualmente, por períodos vencidos e dentro dos primeiros cinco días hábiles do mes seguinte ó do seu devengo, aínda que o traballador terá dereito a percibir quincenalmente anticipos cunha contía que non sexa superior ó 90% das cantidades devengadas.

b) As empresas destinarán ó pagamento a hora inmediatamente seguinte ó remate da xornada ordinaria, nas datas habituais de pagamento. Cando por necesidades organizativas se realice o pagamento dentro da xornada laboral, esta interromperase e prolongarase despois do horario de traballo polo tempo investido no pagamento, sen que en ningún caso tal prolongación poida exceder en máis dunha hora.

c) O tempo investido no pagamento de retribucións e anticipos a conta destas quedará exento do cómputo da xornada laboral, considerándose como de simple permanencia no centro de traballo e por tanto non retribuído a ningún efecto.

d) As empresas quedan facultadas para paga-las retribucións e anticipos a conta destas, mediante cheque, transferencia ou outra modalidade de pagamento a través de entidade bancaria ou financeira. Se a modalidade de pagamento fose cheque, o tempo investido na súa cobranza será por conta do traballador.

As empresas que estean obrigadas a efectua-lo pagamento de salarios por talón bancario ingresarán o importe destes, por pedimento do traballador, na conta bancaria que sinale o traballador, sen que isto poida ocasionar diminución ou ningún gasto para os citados.

e) O traballador deberá facilitarlle á empresa no momento do seu ingreso ou incorporación a ela, o seu número de identificación fiscal (NIF) de conformidade coa normativa aplicable ó respecto.

2. O réxime retributivo salarial, para tódolos traballadores comprendidos neste convenio, será o establecido para cada categoría profesional nas táboas salariais que figuran como anexo.

Para unha maior simplificación dos cálculos retributivos, como anexo a este convenio, tamén figurará na táboa de retribucións mensuais e anuais de tódalas categorías profesionais.

Para tódalas categorías os salarios estipúlanse mensualmente, con independencia do número de días naturais de cada mes.

Cando proceda a aplicación do salario/día, resolverase dividindo a retribución mensual por trinta (30).

O persoal que cese durante o período de prórroga do convenio, terá dereito a percibir como atrasos o tanto por cento que se determine a primeiro de ano entre a representación sindical e patronal, que terá como base o IPC previsto polo Goberno.

Artigo 24º.-Complemento de asistencia, puntualidade e productividade.

Establécese este complemento a contía do cal figura no anexo I para os traballadores que con rendemento normal e correcto e ademais coa debida puntualidade non teñan ningunha falta de asistencia, inxustificada, ó traballo.

Para estes efectos, non se entenden inxustificadas as faltas en situación de baixa por enfermidade ou accidente, período de vacacións, licencias retributivas ó amparo do convenio xeral do sector e demais disposicións vixentes e licencias retributivas con permiso ou expresa autorización da empresa. O dito complemento será satisfeito unicamente por xornada completa realmente traballada.

Polo seu carácter de complemento de calidade, queda excluído directamente da base para o cálculo do importe das horas extraordinarias.

Artigo 25º.-Perda do complemento de asistencia, puntualidade e productividade.

A primeira xornada non traballada completa suporá a perda de catro días de complemento, ademais das retribucións correspondentes ó dito día.

A segunda xornada non traballada completa suporá a perda de dez días de complemento, ademais das retribucións totais ós ditos días.

A terceira xornada no traballada completa suporá a perda do importe total mensual do dito complemento, ademais das retribucións correspondentes ós ditos días.

As faltas non xustificadas computaranse dentro de cada mes natural.

Para a determinación deste complemento diario, para tódolos efectos, dividirase entre vintecinco (25) a cantidade que figura, baixo este concepto nas táboas de salario, anexo I. A perda deste complemento é independente das sancións que, por comisión de faltas de asistencia, poidan ser impostas pola empresa consonte as disposicións en vigor sobre a materia.

Puntualidade. Respecto ó horario de traballo, por parte dos traballadores, a puntualidade é de necesaria observancia e esixiráselles a tódolos traballadores comprendidos por este convenio.

Artigo 26º.-Horas extraordinarias.

As partes asinantes deste convenio acordan a conveniencia de reducir ó mínimo indispensable a realización de horas extraordinarias, axustándose ós seguintes criterios:

a) As horas extraordinarias, en todo caso, pola súa natureza, serán voluntarias de acordo coas disposicións vixentes, excepto as que teñan a súa causa en forza maior.

b) Considéranse horas extraordinarias estructurais as motivadas por pedidos ou puntas de producción, ausencias imprevistas, cambio de quenda e perda ou deterioración da producción, ou por calquera circunstancia de carácter estructural que altere o proceso normal de producción.

c) O número de horas extraordinarias que realice cada traballador, agás nos supostos de forza maior, non excederá de 2 ó día, 20 ó mes e 80 ó ano.

d) Os importe das horas extraordinarias para cada unha das categorías é o que se determina na táboa anexo I.

e) As empresas, sempre e cando non se perturbe o normal proceso productivo, poderán compensa-la retribución das horas extraordinarias por tempos equivalentes de descanso.

No suposto de que se realizase a compensación prevista no parágrafo anterior, as horas extraordinarias compensadas non se computarán para os efectos dos límites fixados na alínea c) deste artigo.

Artigo 27º.-Aumentos periódicos por anos de servicios.

Antigüidade consolidada.

Como consecuencia do Acordo Sectorial Nacional da Construcción sobre o concepto económico de antigüidade, asinado o 18 de outubro de 1996 (Boletín Oficial del Estado do 21 de novembro), ámbalas partes asinantes asumen os seguintes compromisos:

a) Os traballadores manterán e consolidarán os importes ós que tivesen dereito polo complemento persoal de antigüidade o 21 de novembro de 1996.

Ó importe anterior así determinado engadiráselle, se é o caso, a cada traballador que xa viñese percibindo algunha contía por este concepto, o importe equivalente á parte proporcional de antigüidade que o traballador tivese devengada e non cobrada o 21 de novembro de 1996, calculándose por defecto ou por exceso, por anos completos. Para o cálculo dos importes desta parte de antigüidade devengada e non cobrada teranse en conta os importes que para cada categoría e nivel fixe o convenio.

b) Os importes obtidos, ó abeiro do previsto na letra a) manteranse invariables e por tempo indefinido como un complemento retributivo ad personam, é dicir, non sufrirán modificacións en ningún sentido e por ningunha causa, extinguíndose xuntamente coa extinción do contrato do traballador afectado coa súa empresa. Este complemento retributivo ad personam reflectirase nos recibos oficiais de salario coa denominación de antigüidade consolidada.

Artigo 28º.-Gratificacións extraordinarias.

1. Os traballadores afectados polo presente convenio terán dereito exclusivamente a dúas pagas extraordinarias ó ano, que se aboarán nos meses de xuño e decembro, antes dos días 30 e 20 de cada un deles, respectivamente.

2. A contía das pagas extraordinarias será, para cada categoría ou nivel, o importe que figura na táboa salarial do anexo I, máis antigüidade consolidada.

3. As ditas pagas extraordinarias non se devengarán, mentres dure calquera das causas de suspensión de contrato previstas no artigo 45 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 29º.-Proporcionalidade no devengo das pagas extraordinarias.

O importe das pagas extraordinarias para o persoal que, en razón da súa permanencia, non teña dereito á totalidade da súa contía, será rateado conforme os seguintes criterios:

a) O persoal que ingrese ou cese no transcurso de cada semestre natural devengará a paga en proporción ó tempo de permanencia na empresa durante este.

b) Ó persoal que cese no semestre respectivo, faráselle efectiva a parte proporcional da gratificación no momento de realiza-la liquidación dos seus haberes.

c) O persoal que preste os seus servicios en xornada reducida ou a tempo parcial devengará as pagas extraordinarias en proporción ó tempo efectivamente traballado.

Artigo 30º.-Traballos especialmente penosos, tóxicos, perigosos.

1. Ós traballadores que teñan que realizar labores que resulten excepcionalmente penosos, tóxicos ou perigosos deberá aboárselles un incremento do 20% sobre o seu salario base. Se estas funcións se efectuasen durante a metade da xornada ou en menos tempo, o complemento será do 10%.

2. As cantidades iguais ou superiores ó complemento fixado neste artigo que estean establecidas ou establezan as empresas serán respectadas sempre que fosen concedidas polos conceptos de excepcional penosidade, toxicidade ou perigosidade, caso no que non será esixible o aboamento dos incrementos fixados neste artigo. Tampouco estarán obrigadas a satisface-los citados aumentos aquelas empresas que os teñan incluídos, en igual ou superior contía, no salario de cualificación do posto de traballo.

3. Se por calquera causa desaparecesen as condicións de excepcional penosidade, toxicidade ou perigosidade, deixarán de aboarse os indicados incrementos, non tendo por tanto carácter consolidable.

4. En caso de discrepancia entre as partes sobre se un determinado traballo, labor ou actividade debe cualificarse como excepcionalmente penoso, tóxico ou perigoso, correspóndelle á autoridade laboral competente, mediante resolución fundada, e logo dos informes técnicos oportunos, resolve-lo procedente.

Os incrementos económicos que, se é o caso, se deriven da citada resolución producirán efecto a partir da data en que esta fose notificada, salvo que a resolución dispoña outra data.

Contra a dita resolución poderán recorre-las partes de acordo coa lexislación vixente.

Artigo 31º.-Traballos nocturnos.

O persoal que traballe entre as vintedúas horas e as seis da mañá percibirá un complemento de traballo equivalente ó 25% do salario base da súa categoría.

Se o tempo traballado no período nocturno fose inferior a catro horas, aboarase o complemento sobre o tempo traballador efectivamente. Se as horas nocturnas exceden de catro, aboarase o complemento correspondente a toda a xornada traballada.

Cando existan dúas quendas e en calquera delas se traballe soamente unha hora do período nocturno, non será aboada esta con complemento de nocturnidade.

Todo isto mentres subsista esta obriga no convenio xeral do sector da construcción.

Indemnizacións non salariais

Artigo 32º.-Complemento extrasalarial que comprende: complemento de transporte, complemento de distancia e desgaste de ferramenta.

Co fin de simplifica-lo cómputo de distancia entre o domicilio do traballador e o centro de traballo, así como as indemnizacións ou suplidos polos gastos realizados como consecuencia da súa actividade laboral, aboaránselles a tódolos traballadores, calquera que sexa a distancia que separe o centro de traballo do seu domicilio, as cantidades que figuran no anexo I.

Será satisfeito, unicamente, en xornada completa realmente traballada; e non será cotizable para efectos da Seguridade Social e accidentes de traballo, precisamente pola súa condición de indemnizacións ou suplidos polos gastos realizados como consecuencia da súa actividade laboral.

Para a determinación deste complemento diario, dividirase entre vintecinco (25) a cantidade que figura no anexo I.

Artigo 33º.-Complemento de hospitalización.

No caso de accidente laboral ocorrido no centro de traballo e en horario de traballo, e que dea lugar a hospitalización, a empresa aboará un complemento que, sumado ás prestacións regulamentarias por incapacidade laboral e transitoria, garanta o cento por cento do salario real e dentro dun período máximo de seis meses, agás que remate antes o contrato de traballo ou a obra.

Artigo 34º.-Desprazamentos e axudas de custo.

Desprazamentos. No caso de desprazamentos dos traballadores, o empresario poderá optar entre o aboamento das axudas de custo, ou o pagamento dos gastos ocasionados, debidamente xustificados.

Axudas de custo. Establécese unha axuda de custos igual para tódalas categorías; os seus importes sinálanse a continuación.

a) Axuda de custos completa:

2.500 ptas. diarias en desprazamentos do traballador en días illados ou consecutivos sen exceder de tres días.

2.000 ptas. diarias en desprazamentos do traballador para máis de tres días consecutivos.

b) Media axuda de custos:

1.200 ptas. diarias en desprazamentos do traballador en días illados ou consecutivos sen exceder de tres días.

1.050 ptas. diarias en desprazamentos do traballador con máis de tres días consecutivo.

Artigo 35º.-Locomoción.

1. Serán por conta da empresa os gastos de locomoción que se orixinen como consecuencia da situación de desprazamento, xa sexa poñendo medios propios á disposición do traballador, xa sexa aboándolle a compensación de 24 ptas./km.

2. Cando o persoal desprazado que poida volver a durmir á súa residencia habitual tivese que empregar, como consecuencia do desprazamento, máis dunha hora en cada unha das viaxes de ida e volta ó lugar de traballo desde o centro de traballo correspondente, utilizando medios ordinarios de transporte, o exceso aboaráselle a rateo do salario de convenio.

Outras disposicións

Artigo 36º.-Traballos de superior categoría.

1. Por necesidades organizativas, de producción ou de contratación, o traballador poderá ser destinado a ocupar un posto de superior categoría á que tivese recoñecida, por prazo que non exceda de seis meses durante un ano, ou oito durante dous anos, tendo dereito a percibir, mentres se encontre en tal situación, a remuneración correspondente á función efectivamente desempeñada.

2. Transcorrido este período, o traballador poderá reclamar da empresa a clasificación profesional adecuada, e, se esta non resolvese favorablemente ó respecto, no prazo de quince días hábiles, e logo de informe, se é o caso, dos representantes legais dos traballadores, poderá reclamala perante a xurisdicción competente, e producirá efectos se é estimada a reclamación e unha vez firme a resolución correspondente, a partir do día que o interesado a solicitou, a súa adecuada clasificación.

3. Cando se realicen funcións de categoría superior, pero non proceda o ascenso por non reuni-lo interesado os requisitos precisos ó respecto, o traballador terá dereito a percibi-la diferencia retributiva existente entre a categoría asignada e a da función efectivamente realizada.

4. Exceptúanse do anteriormente disposto os traballos de categoría superior que o traballador realice de común acordo coa empresa, co fin de prepararse para o ascenso.

5. O disposto neste artigo non será aplicable, agás no que se refire á retribución, nos supostos de substitución por servicio militar ou prestación social substitutoria, incapacidade temporal, maternidade, permisos e excedencias, nos que a substitución comprenderá todo o tempo que duren as circunstancias que o motivasen.

Todo isto mentres subsista esta obriga no convenio xeral do sector da construcción.

Artigo 37º.-Traballos de inferior categoría.

1. A empresa, por necesidades perentorias, transitorias ou imprevisibles, poderá destinar un traballador a realizar tarefas correspondentes a unha categoría profesional inferior á súa polo tempo imprescindible, e comunicándollelo ós representantes legais dos traballadores, se os houber, non poderá

o interesado negarse a efectua-lo traballo encomendado, sempre que isto non prexudique a súa formación profesional. Nesta situación o traballador seguirá percibindo a remuneración que pola súa categoría e función anterior lle corresponda.

2. A un traballador non se lle poderá impoñe-la realización de traballos propios de categoría inferior durante máis de tres meses ó ano, mentres tódolos traballadores da mesma categoría non rotasen na realización desas tarefas. Non se considerarán, para efectos do cómputo, os supostos de avaría ou forza maior.

3. Se o destino de inferior categoría profesional fose solicitado polo propio traballador, asignaráselle a este a retribución que lle corresponda pola función efectivamente desempeñada, pero non se lle poderá esixir que realice traballos de categoría superior a aquela pola que se lle retribúe.

Todo isto mentres subsista esta obriga no convenio xeral do sector da construcción.

Artigo 38º.-Contrato para traballo fixo de obra.

É o contrato que ten por obxecto a realización dunha obra ou traballo determinados.

Este contrato formalizarase sempre por escrito e segundo modelo anexo III.

A duración do contrato e o cesamento do traballador axustarase a algúns destes supostos:

1. Con carácter xeral, o contrato é para unha soa obra, con independencia da súa duración, e terminará cando finalicen os traballos do oficio e categoría do traballador na dita obra.

O cesamento dos traballadores deberá producirse cando a realización paulatina das correspondentes unidades de obra fagan innecesario o número dos contratados para a súa execución, debendo reducirse este de acordo coa diminución real do volume de obra realizada.

O cesamento dos traballadores fixos de obra por terminación dos traballos do seu oficio e categoría deberá comunicárselle por escrito ó traballador cunha antelación de quince días naturais. Non obstante, o empresario poderá substituír este aviso previo por unha indemnización equivalente á cantidade correspondente ós días de aviso previo omitidos, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio, todo iso sen prexuízo da notificación escrita do cesamento. A citada indemnización deberá incluírse no recibo de salarios coa liquidación correspondente ó cesamento.

2. Non obstante o anterior, logo de acordo entre as partes, o persoal fixo de obra poderá prestar servicios a unha mesma empresa e en distintos centros de traballo dunha mesma provincia durante un período máximo de tres anos consecutivos sen perde-la dita condición e devengando os conceptos compensatorios que correspondan polos seus desprazamentos.

Neste suposto, a empresa deberá comunicarlle por escrito o cesamento ó traballador antes de cumprirse o período máximo de tres anos fixados no parágrafo

anterior; cumprido o período máximo de tres anos, se non mediase comunicación escrita de cesamento, o traballador adquirirá a condición de fixo de cadro de persoal. En canto ó aviso previo de cesamento, haberá que aterse ó pactado no suposto primeiro.

3. Se se producise a paralización temporal dunha obra por causas imprevisibles para o empresario principal e allea á súa vontade, tras lle dar conta a empresa á representación dos traballadores do centro ou, no seu defecto, á comisión paritaria provincial, disporán, se é o caso, dun prazo máximo improrrogable dunha semana para a súa contestación, contada a partir da notificación. O empresario contrae tamén a obriga de lle ofrecer un novo emprego ó traballador cesado cando as causas de paralización da obra desaparecesen. A dita obriga entenderase extinguida cando a paralización se converta en definitiva. Logo de acordo entre as partes, o persoal afectado por esta terminación de obra poderá incluírse no regulado para o segundo suposto.

Este suposto non poderá ser de aplicación en casos de paralización por conflicto laboral.

Nos supostos primeiro, segundo e terceiro establécese unha indemnización por cesamento do 4,50% calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio devengados durante a vixencia de contrato.

Artigo 39º.-Outras modalidades de contratación.

1. Os traballadores que formalicen contratos dos regulados no Real decreto 2546/1994, ou norma que o substitúa, ou formalizasen contratos de fomento de emprego dos regulados polo Real decreto 1989/1984, con anterioridade á súa derrogación, exceptuando o contrato de fixo de obra regulado no artigo anterior, terán dereito, unha vez finalizado o contrato correspondente por expiración do tempo convido, a percibiren unha indemnización de carácter non salarial por cesamento do 7%, se a duración fose igual ou inferior a 365 días, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio aplicable devengados durante a vixencia do contrato.

Estes contratos formalizaranse sempre por escrito.

2. O contrato de duración determinada previsto no punto 1º b) do artigo 15 do Estatuto dos traballadores poderá concertarse para cubrir postos en centros de traballo que non teñan a consideración de obra, tendo unha duración máxima de doce meses nun período de dezaoito meses, computándose esta duración desde que se produza a causa que xustifica a súa celebración. En tales supostos, considérase que se produce a causa que xustifica a celebración do citado contrato, nos casos previstos no Estatuto dos traballadores, cando se incremente o volume de traballo ou se considere necesario aumenta-lo número de persoas que realicen un determinado traballo ou presten un servicio.

3. As empresas afectadas por este convenio, cando utilicen os servicios de traballadores con contratos de posta á disposición aplicarán as condicións pactadas nel.

4. Contrato para a formación.

4.1. O sector recoñece a importancia que o contrato para a formación pode ter para a incorporación, con adecuada preparación, de determinados colectivos de mozos. Esta preparación debe recoller tanto o aspecto práctico de cada oficio como o coñecemento e adecuación ó sistema educativo xeral. Debemos por isto indica-la oportunidade de que a formación, teórica e práctica, correspondente ós contratos para a formación se leve a cabo a través das institución formativas de que se dotou o sector.

4.2. O contrato para a formación terá como obxecto a adquisición da formación teórica e práctica necesaria para o adecuado desempeño dun oficio cualificado no sector da construcción.

4.3. Sen prexuízo da posible adaptación a novas tecnoloxías e a resultas da clasificación profesional actualmente prevista no artigo 31 do Convenio Xeral do Sector da Construcción, poderán ser obxecto deste contrato para a formación os oficios incluídos nos niveis VIII e IX da disposición transitoria primeira do Convenio Xeral do Sector da Construcción.

4.4. O contrato para a formación poderase celebrar con traballadores que cumprisen os dezaseis anos e sexan menores de vinteún anos que non teñan titulación requirida para formalizar contrato en prácticas no oficio ou posto obxecto de formación ou aprobado algún curso de formación profesional ocupacional homologado da mesma especialidade e cun número de horas teóricas equivalente ou superior ás previstas para a formación.

4.5. O tipo de traballo que debe presta-lo traballador en formación estará directamente relacionado coas tarefas propias do oficio ou posto cualificado, incluíndose os labores de limpeza e mantemento dos utensilios e ferramentas empregados no labor conxunto, coa dilixencia correspondente á súa aptitude e coñecementos profesionais.

Non poderá ser contratados baixo esta modalidade, por razón de idade, os menores de dezaoito anos para os oficios de vixilante, poceiro e entibador, nin para aquelas tarefas ou postos de traballo que expresamente fosen declarados como especialmente tóxicos, penosos, perigosos e insalubres, con independencia da prohibición legal de realizar horas extraordinarias e traballo nocturno en calquera actividade.

4.6. A duración do contrato non poderá ser inferior a seis meses nin exceder dos 3 anos, sen prexuízo do establecido no número 4.10.

Cando se celebre por un prazo inferior ó máximo establecido no parágrafo anterior, poderá prorrogarse antes do seu remate por acordo entre as partes, unha ou máis veces, por períodos non inferiores a seis meses, sen que o tempo acumulado, incluído o das prórrogas, poida exceder do referido prazo máximo. O aviso previo de finalización do contrato deberá axustarse ós prazos e forma que indica o artigo 28.1º do Convenio Xeral do Sector da Construcción.

Expirada a duración máxima do contrato para a formación, o traballador non poderá ser contratado

baixo esta modalidade pola mesma ou distinta empresa.

4.7. Para a impartición do ensino teórico adoptarase como modalidade a de acumulación de horas nun día de semana ou ben o necesario para completar unha semana enteira de formación. No contrato deberase especifica-lo horario de ensino.

O empresario, no contrato de traballo, vén obrigado a designa-la persoa que actuará como titor do traballador en formación, que deberá ser aquela que, polo seu oficio ou posto cualificado, desenvolva a súa actividade auxiliada por este, podendo asumi-las titorías o propio empresario, sempre que desenvolva a súa actividade profesional na mesma obra que o traballador en formación.

4.8. A retribución dos contratados para a formación será a seguinte:

Táboas salariais de contratados para a formación:

De dezaseis e dezasete anos:

Primeiro ano: 55%.

Segundo ano: 60%.

De dezaoito e vinteún anos:

Primeiro ano: 65%.

Segundo ano: 70%.

Porcentaxes referidas ó salario do nivel IX das táboas de cada convenio.

A dita retribución enténdese referida a unha xornada do 100% de traballo efectivo.

4.9. O complemento extrasalarial regulado no artigo 64 do convenio xeral do sector da construcción será devengado polos contratados en formación en igual contía có sinalado no respectivo convenio colectivo provincial para o resto dos traballadores, durante os días que dure o contrato.

4.10. Toda situación de incapacidade temporal do contratado para a formación inferior a seis meses comportará a ampliación da duración do contrato por igual tempo ó que o contrato estivese suspendido.

4.11. Se, concluído o contrato, o contratado para a formación non continuase na empresa, esta entregaralle un certificado acreditativo do tempo traballado con referencia ó oficio obxecto da formación e do aproveitamento que, ó seu xuízo, obtivo na súa formación práctica.

Así mesmo, o traballador contratado para a formación terá dereito a unha indemnización por cesamento do 4,5%, calculado sobre os conceptos salariais das táboas do convenio devengados durante a vixencia do contrato.

A Fundación Laboral da Construcción, a través dos seus centros propios ou colaboradores, dará a cualificación a través das probas correspondentes, previamente homologadas, tanto do aproveitamento teórico como práctico, e decidirá o seu pase á categoría de oficial.

Todo isto mentres subsistan estas obrigas no Convenio Xeral do Sector da Construcción.

Artigo 40º.-Conversión de contratos temporais en indefinidos.

De conformidade coa remisión á negociación colectiva contida no punto 2 b) da disposición adicional primeira da Lei 63/1997, do 26 de decembro, acórdase que a partir do 16 de maio de 1998, os contratos de duración determinada ou temporal, incluídos os contratos formativos, poderán ser convertidos en contratos para o fomento da contratación indefinida suxeitos ó réxime xurídico establecido na expresada disposición adicional.

Artigo 41º.-Integración social de minusválidos.

Para os efectos do previsto no artigo 38.1º da Lei 13/1982, do 7 de abril, de integración social de minusválidos, e tendo en consideración que as actividades e traballos nas obras comportan riscos para a saúde e seguridade dos traballadores, o cómputo do 2% realizarase sobre o persoal adscrito a centros de traballo permanentes.

Artigo 42º.-Subcontratación.

As empresas que subcontraten con outras do sector execución de obras ou servicios responderán ante traballadores das empresas subcontratistas nos termos establecidos no Art. 42 do Estatuto dos traballadores quedando referido o límite de responsabilidade da dita disposición ás obrigas de natureza salarial e cotizacións á Seguridade Social derivadas do convenio colectivo aplicable ó nace-la dita responsabilidade ou as derivadas do seu contrato de traballo, se fosen superiores.

Así mesmo estenderase a responsabilidade á indemnización de natureza non salarial por morte ou incapacidade permanente absoluta derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional pactada no convenio aplicable.

A empresa principal deberá establecer baixo a súa responsabilidade nos centros de traballo en que presten servicio traballadores de empresas subcontratistas, os mecanismos de coordinación adecuados para a prevención de riscos, información sobre eles, e en xeral, a canto se relacione coas condicións de seguridade e saúde dos traballadores, así como hixiénico-sanitarias.

Artigo 43º.-Recibo de liquidación.

1. O recibo de liquidación da relación laboral entre a empresa e o traballador deberá ser conforme o modelo que figura como anexo IV deste convenio. A Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Lugo editarao e proverá de exemplares a tódalas empresas do sector da provincia.

2. Toda comunicación de cesamento ou de aviso previo de cesamento deberá ir acompañada dunha proposta de liquidación do modelo citado. Cando se utilice como proposta, non será preciso cubri-la parte que figura despois da data e do lugar.

3. O recibo de liquidación, que será expedido pola Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Lugo, numerado, selado e datado e terá vali

dez unicamente dentro dos quince días seguintes ó da data en que foi expedido. A organización patronal que o expida virá obrigada a levar un rexistro que conteña os datos anteriormente expresados.

4. Unha vez asinado polo traballador, o recibo de liquidación producirá os efectos liberatorios que lle son propios.

5. Nos supostos de extinción de contrato por vontade do traballador non serán de aplicación os parágrafos 2 e 3 deste artigo.

6. O traballador poderá estar asistido por un representante dos traballadores ou, no seu defecto, por un representante sindical dos sindicatos asinantes deste convenio no acto da sinatura do recibo de liquidación.

Aviso previo de cesamento

O persoal que cese incumprindo o requisito de comunicarllo á empresa por escrito, con dez días de antelación, efectivos de traballo perderá unicamente o dereito á cobranza de tódalas percepcións correspondentes ós días de atraso no aviso previo.

Artigo 44º.-Indemnizacións por morte e incapacidade permanente absoluta derivada de accidentes de traballo ou enfermidade profesional.

1. Establécense as seguintes indemnizacións para os traballadores afectados por este convenio:

a) En caso de morte derivada de enfermidade común ou accidente non laboral, o importe dunha mensualidade de tódolos conceptos das táboas do convenio aplicable vixentes en cada momento.

b) En caso de morte, incapacidade permanente absoluta ou gran invalidez, derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional, a cantidade de 5.500.000 de ptas. no ano 1999, 5.750.000 ptas. no ano 2000 e de 6.000.000 de ptas. no ano 2001, para a cobertura do cal as empresas subscribirán unha póliza individual ou colectiva que deberán exhibir ó traballador que así o solicite.

2. Salvo designación expresa de beneficiarios polo asegurado, a indemnización será efectiva ó traballador accidentado ou, en caso de falecemento ós beneficiarios do traballador, segundo as normas da Seguridade Social.

A indemnización comezará a obriga-lo día 1 do mes siguiente ó da entrada en vigor do convenio, e o seu importe considerarase entrega a conta das cantidades que como indemnización con cargo á empresa declarada responsable de accidente de traballo ou enfermidade profesional puidesen fixa-los tribunais de calquera orde xurisdiccional.

Artigo 45º.-Xubilación.

a) Xubilación voluntaria anticipada.

1. Os traballadores que cumprisen sesenta e tres anos e non teñan sesenta e cinco cando soliciten a xubilación, e esta sexa posible, terán dereito á percepción das indemnizacións económicas que se establecen a continuación, en función da idade do

traballador e dos seus anos de antigüidade na empresa:

AntigüidadeIdadeMeses

na empresaindemnización

2 a 52

6 a 103

11 a 20634

21 a 305

Máis de 306

2 a 51

6 a 102

11 a 20643

21 a 304

Máis de 305

As cifras da columna da dereita indican o número total de meses de salario en que se cuantifica a indemnización.

O salario mensual refírese á xornada normal, excluíndo, se é o caso, as horas extraordinarias.

2. Os requisitos necesarios para que naza tal dereito son os seguintes:

a) Que se efectúe de mutuo acordo entre a empresa e o traballador xubilable. O acordo reflectirase por ecrito, establecendo claramente a cantidade que corresponde en concepto de indemnización, conforme a táboa anterior.

b) Que o traballador leve dous anos, como mínimo, de servicios ininterrompidos na empresa obrigada ó pagamento da indemnización, no momento de solicita-la xubilación anticipada.

3. A xubilación voluntaria anticipada, nos termos establecidos e coa indemnización que proceda, en cada caso, segundo a táboa anterior, comprometerá ó empresario a lle dar ocupación a outro traballador polo tempo estricto que lle faltase ó xubilable para cumpri-los sesenta e cinco anos. A contratación do traballador substituto deberá facerse conforme unha das modalidades de contratación temporal ou eventual previstas, en cada momento, pola lexislación vixente, e, ó mesmo tempo, cos seguintes condicionamentos:

a) Que non exista na empresa persoal fixo de cadro dispoñible, en expectativa de destino ou realizando otras funcións distintas ás da súa categoría laboral, para cubri-la vacante producida. O acordo da empresa e o traballador xubilable deberá serlles comunicado de inmediato, se é o caso, ós representantes dos traballadores no seo da empresa ou centro de traballo correspondente.

b) A contratación do traballador substituto farase para o posto e categoría profesional máis acorde coas necesidades da empresa, deixando a salvo as expectativas de promoción dos restantes traballadores da empresa de que se trate.

4. No caso de que a indemnización pactada entre empresa e traballador xubilable fose superior á anteriormente establecida, a duración do contrato temporal ou eventual do traballador substituto poderá reducirse en tantos meses cantas mensualidades de máis se aboen en concepto de indemnización.

b) Xubilación anticipada ós 64 anos como medida de fomento de emprego.

Haberá que aterse ó disposto ó respecto no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo.

c) Xubilación forzosa.

Como política de fomento de emprego e por necesidades do mercado de traballo no sector e con independencia das dúas clases de xubilación a que se refiren os puntos inmediatamente precedentes, establécese a xubilación forzosa ós sesenta e cinco anos de idade, salvo pacto individual en contrario, dos traballadores que teñan cuberto o período mínimo legal de carencia para obtela.

Artigo 46º.-Organización e productividade no traballo.

A organización técnica e práctica do traballo é facultade exclusiva da dirección da empresa, que se axustará ás normas e recomendacións do convenio xeral do sector da construcción, demais normativa de aplicación e a unha productividade correcta no traballo.

As táboas de rendementos mínimos que figuran como anexo no convenio de vixencia do 1 de xuño de 1982 ó 31 de maio de 1984, incorpóranse ó presente como partes integrantes del, sen que se proceda a súa reproducción.

As táboas mencionadas que coinciden, en todo coas vixentes no Convenio da Construcción de Madrid de 1979, considéranse completadas, en todo momento coas que fosen incorporadas desde a dita data, ou durante a vixencia deste convenio, sexan incluídas, a el, no mencionado convenio para a provincia de Madrid.

Cando se decida obter verificación do cumprimento das táboas dos niveis normais de productividade, e para evitar posibles discriminacións, terán que efectuarse a todo o persoal, de cada centro de traballo, a que fai referencia o presente convenio. A empresa deberá entregarlles ó traballador ou traballadores suxeitos a tal verificación, o parte de traballo, segundo modelo incorporado, como anexo ó presente convenio, no que figurará o nome do dito traballador, a data, a especificación da unidade, e, se é o caso, o número de traballadores suxeitos a tal verificación, o parte de traballo, segundo o modelo incorporado como anexo a este convenio, no que figurará o nome deste traballador, a data, a especificación da unidade e, se é o caso, o número de traballadores implicados na execución, dela, así como as súas categorías e un punto para observacións.

O parte de traballo será cuberto polo mando correspondente e asinado polo traballador, facilitándoselle copia do dito parte.

O cómputo da mediación será referido a cada semana natural de traballo.

As unidades publicadas non serán aplicables a ningún traballador maior de 55 anos, en traballos de carácter individual, pero si nos traballos que poidan realizarse formando equipo ou cuadrilla.

Artigo 47.-Seguridade e saúde no traballo.

En todo momento haberá que aterse ó disposto no Estatuto dos traballadores Convenio Xeral da Construcción e demais lexislación vixente sobre a materia.

As partes signatarias acordan constituí-la Comisión Mixta Paritaria Provincial Sectorial de Seguridade e Hixiene, integrada por un representante de cada unha das centrais sindicais asinantes deste convenio e un número de representantes da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Lugo igual ó total das centrais sindicais.

Serán funcións desta comisión:

a) Solicitar do Ministerio de Traballo e do Goberno da Xunta de Galicia o recoñecemento oficial como interlocutor social sectorial en materia de seguridade e higiene, tanto no seu aspecto lexislativo como no desenvolvemento dos plans e medidas formativas.

b) Estudiar e acorda-los mecanismos oportunos de coordinación da información provincial en materia de sinistrabilidade no sector, que subministrarán as comisións específicas provinciais, ou no seu defecto, as comisións paritarias dos convenios.

c) Promover cantas medidas considere tendentes a mellora-la situación do sector nesta materia, tendendo como obxecto fundamental ou estende-la preocupación pola seguridade a tódolos niveis, fomentando compañas de mentalización, etc.

d) Acomete-las xestións necesarias para obte-los medios que lle permitan desenvolve-las súas funcións coa eficacia adecuada.

Artigo 48º.-Formación continua.

Para aqueles traballadores que asistan a accións formativas presenciais, correspondentes á convocatoria da Forcem, durante os anos de vixencia deste acordo, xestionadas pola Fundación Laboral da Construcción, o 50% das horas que precise esa acción será dentro da xornada laboral, ou deduciranse dela na dita porcentaxe, sempre que se dean as seguintes condicións:

a) A empresa poderá denega-la asistencia dun traballador a unha acción formativa, mediante resolución motivada, por razóns técnicas, organizativas ou de producción. En caso de denegación o traballador poderá recorrer ante a Comisión Territorial da FLC.

b) Os traballadores que poden asistir ás accións formativas contempladas neste artigo non superarán anualmente o 10% dos cadros de persoal, nin, naqueles centros de traballo con menos de 10 traballadores, poderá concorrer máis dun.

c) O 50% das horas a cargo da empresa suporá un máximo anual de 20 horas por traballador, podendo distribuírse nunha ou varias accións formativas.

d) O traballador solicitante deberá ter superado o período de proba e ter, en todo caso, unha antigüidade mínima dun mes na empresa.

e) Durante as horas formativas a cargo da empresa, o traballador terá dereito ó salario que lle correspondería como se estivese traballando en xornada ordinaria.

f) O traballador deberá acreditar ante a empresa a asistencia á correspondente acción formativa.

g) Os permisos individuais de formación, recollidos no II Acordo Nacional de Formación Continua, rexeranse polo disposto nel.

Artigo 49º.-Antigüidade dos candidatos en eleccións de representantes dos traballadores.

En desenvolvemento do disposto no artigo 69.1º do Estatuto dos traballadores e pola mobilidade do persoal no sector, acórdase que no ámbito deste convenio colectivo poderán ser elixibles os traballadores que teñan dezaoito anos cumpridos e unha antigüidade na empresa, polo menos, de tres meses.

Artigo 50º.-Dos sindicatos e dos comités de empresa.

Haberá que aterse ó disposto para o efecto no Convenio Xeral do Sector da Construcción e demais lexislación aplicable.

Artigo 51º.-Comisión mixta paritaria.

Para interpreta-lo contido deste convenio, vixia-lo seu cumprimento e exercer funcións de arbitraxe nos problemas ou cuestións suscitadas como consecuencia da súa aplicación, noméase unha comisión

mixta paritaria, integrada por un presidente, que será o da comisión deliberadora e como vocais un representante por cada unha das centrais sindicales, asinantes do convenio, e un número de representantes da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Lugo, igual ó total dos das centrais sindicais; sendo secretario o vocal de menor idade.

As partes poderán solicitar un asesor ou experto, cada unha delas.

As partes somenten expresamente á dita comisión mixta paritaria cantos problemas xurdan, individuais ou colectivos, na aplicación deste convenio. A este respecto fíxase, como requisito para poder proceder, a submisión previa do asunto á comisión mixta paritaria deste convenio.

Artigo 52º

No non previsto por este convenio haberá que aterse ó disposto no Convenio Colectivo Xeral do Sector da Construcción, e Acordo Sectorial Nacional e demais normativa legal e regulamentaria, entendéndose derrogada a Ordenanza laboral da construcción do 28-8-1970, salvo en materia de clasificación profesional.

ANEXO I

Convenio Provincial de Edificación e Obras Públicas de Lugo

Táboa de retribucións

Vixencia do 1-1-1999 ó 31-12-1999

MensualAnual

Niv.CategoríaSalarioCompl.Compl.TotalVacac.GratificaciónsTotalValor

I-LbaseAsist./Prod.

Punt.

Extrasal.XulloNadalanualhora

extra

IITitulado superior85.79023.83812.230121.858117.713117.713117.7131.693.5761.250

IIITitulado medio, xefe Admvo. 1ª, xefe Secc. Org. 1ª85.69723.83812.221121.756117.713117.713117.7131.692.4541.200

IVXefe de persoal, Axte. de obra, encargado xeral de fábrica, encargado xeral85.60323.83812.213121.654117.713117.713117.7131.691.3321.175

VXefe administrativo de 2ª, delineante superior, encargado xeral de obra, xefes de sección de organización científica do traballo de 2ª, xefe de compras85.50823.83812.205121.551117.713117.713117.7131.690.1991.150

VIOfic. Admvo. de 1ª, delineante de 1ª, xefe ou encargado de taller, encargado de sección de laboratorio, escultor de pedra e mármore, práctico de topografía de 1ª, técnico de organización, encargado de obra85.44423.83812.200121.482117.713117.713117.7131.698.4401.125

VIIDelineante de 2ª, técnico de organización de 2ª, práctico de topografía de 2ª, analista de 1ª, viaxante, especialista de oficio, capataz84.75322.75412.018119.525116.589116.589116.5891.664.5411.100

VIIIOficial Admvo. 2ª, corredor de praza, inspector de control, sinalización e servicios, analista de 2ª, oficial 1ª de oficio83.34621.12911.706116.181114.546114.546114.5461.621.6281.075

IXAuxiliar Admvo., Axte. topográfico, Aux. Organiz., vendedor, conserxe, oficial 2ª de oficio82.63419.85411.505113.993113.342113.342113.3421.593.9481.000

XAuxiliar de laboratorio, vixilante, almaceneiro, enfermeiro, cobrador, garda xurado, especialista de 1ª, axudante de oficio81.86317.94111.236111.040111.850111.850111.8501.556.989950

XIEspecialista de 2ª, peón especial81.17116.85611.055109.082110.726110.726110.7261.532.079925

XIILimpadora, peón ordinario80.30315.78510.856106.944109.428109.428109.4281.504.667900

ANEXO V

Acordo Sectorial Nacional da Construccion

para os anos 1999, 2000 e 2001

Preámbulo.

As partes signatarias, integradas pola Federación Estatal de, Construcción, Madera y Afines de Comisións Obreiras (Fecoma-CC.OO.), e Metal, Construcción y Afines, Federación Estatal da Unión Xeral de Traballadores (MCA-UGT), ámbalas dúas en representación laboral, e a Confederación Nacional da Construcción (CNC), en representación empresarial, como organizacións máis representativas do sector da construcción nos seus respectivos ámbitos, e facendo uso das previsións contidas no artigo 3.2º do Convenio Xeral do Sector da Construcción (CXSC), acordan:

Artigo 1º.-Ámbito persoal e funcional.

Quedan obrigados polas disposicións do presente Acordo Sectorial Nacional (ASN) tódalas organizacións, asociacións e entidades que integren a empresas e traballadores afectados polo ámbito funcional do Convenio Xeral do Sector da Construcción (CXSC).

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

Este acordo será de aplicación en todo o territorio do Estado español.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

Este acordo estará vixente nos anos 1999, 2000 e 2001, logo da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Artigo 4º.-Alcance obrigacional e normativo.

1. As partes que subscriben o presente acordo, na súa condición de organizacións máis representativas do sector, de conformidade co disposto na Lei orgánica de liberdade sindical, incorporarán obrigatoriamente os ditos acordos ós convenios colectivos provinciais que se negocien para os anos 1999, 2000 e 2001.

2. Os convenios provinciais que estean en vigor parte do ano manterán as condicións neles xa pactadas, en todo o seu contido, ata o seu termo temporal, en que se aplicará o disposto no punto anterior.

3. Os pactos contidos neste acordo serán de preferente aplicación sobre calquera outra disposición legal de carácter xeral que rexese nas materias por el reguladas, salvo que sexan de dereito necesario, substituíndoas, por tanto, durante a súa vixencia.

Artigo 5º.-Xornada.

De acordo co establecido no artigo 70 do Convenio Xeral do Sector da Construcción, a xornada ordinaria anual durante o período de vixencia deste acordo será de mil setecentas sesenta horas de traballo efectivo durante os anos 1999 e 2000 e de mil setecentas cincuenta e seis horas durante o ano 2001.

Artigo 6º.-Incrementos económicos.

1. Para o ano 1999, os convenios provinciais aplicarán un incremento do 2,3% sobre os conceptos de salario base, gratificacións extraordinarias, retribución de vacacións e complementos salariais e extrasalariais.

Para os anos 2000 e 2001 os convenios provinciais aplicarán, respectivamente, sobre os conceptos mencionados no parágrafo anterior, un incremento igual ó da previsión de inflación establecida para o ano respectivo na Lei de orzamentos xerais do Estado máis un 0,45% no ano 2000, e un 0,40% no ano 2001.

2. O importe das axudas de custo e medias axudas de custo, de acordo co disposto no artigo 85.6º do convenio xeral do sector fixarase no marco dos respectivos convenios colectivos provinciais.

3. Os convenios provinciais fixarán o prazo de pagamento dos atrasos correspondentes.

Artigo 7º.-Cláusula de garantía.

1. No suposto de que o Índice Anual de Prezos ó Consumo (IPC) ó 31 de decembro de 1999 supere o 1,8% correspondente ó IPC previsto para 1999 nos orzamentos xerais do Estado, efectuarase unha revisión económica para ese ano no exceso producido, para efectos de que sirva de base para as táboas salariais dos convenios do ano seguinte.

O mesmo criterio fixado no parágrafo anterior operará, se é o caso, para a revisión económica dos anos 2000 e 2001, cando o IPC ó 31 de decembro supere o IPC previsto nos orzamentos xerais do Estado respectivos, que servirán de base para fixa-los incrementos salariais sinalados no artigo 6º.1 deste acordo.

2. A dita revisión, se é o caso, afectará os conceptos previstos no artigo 6º.1.

3. Esta cláusula adaptarase ó período de vixencia de cada convenio colectivo.

Artigo 8º.-Formación continua.

Para aqueles traballadores que asistan a accións formativas presenciais, correspondentes ás convocatorias da Forcem, durante os anos de vixencia deste acordo, xestionadas pola Fundación Laboral da Construcción, o 50% das horas que precise esa acción será dentro da xornada laboral, ou deduciranse dela na dita porcentaxe, sempre que se dean as seguintes condicións:

a) A empresa poderá denega-la asistencia dun traballador a unha acción formativa, mediante resolución motivada, por razóns técnicas, organizativas ou de producción. En caso de denegación o traballador poderá recorrer ante a Comisión Territorial da FLC.

b) Os traballadores que poden asistir ás accións formativas previstas neste artigo non superarán anualmente o 10% dos cadros de persoal, nin, naqueles centros de traballo con menos de 10 traballadores, poderá concorrer máis dun.

c) O 50% das horas a cargo da empresa suporá un máximo anual de 20 horas por traballador, podendo distribuírse nunha ou varias accións formativas.

d) O traballador solicitante deberá ter superado o período de proba e ter, en todo caso, unha antigüidade mínima dun mes na empresa.

e) Durante as horas formativas a cargo da empresa o traballador terá dereito ó salario que lle correspondería como se estivese traballando en xornada ordinaria.

f) O traballador deberá acreditar ante a empresa a asistencia á correspondente acción formativa.

g) Os permisos individuais de formación, recollidos no II Acordo Nacional de Formación Continua, rexeranse polo disposto nel.

Artigo 9º.-Comisión paritaria.

1. Acórdase constituír unha comisión paritaria para a interpretación e seguimento do pactado neste acordo.

2. Esta comisión estará composta por un máximo de 12 membros, que serán designados por metades por cada unha das dúas partes, sindical e empresarial, na forma que decidan as respectivas organizacións.

3. Os acordos da comisión paritaria adoptaranse, en todo caso, por unanimidade de ámbalas partes, sindical e empresarial. Os seus acordos interpretativos deste Acordo Sectorial Nacional terán a mesma eficacia cá cláusula que fose interpretada.

4. O funcionamento da comisión realizarase da forma que esta acorde, asumíndose xa os acordos ó respecto adoptados pola comisión paritaria do artigo 20 do Convenio Xeral do Sector da Construcción, así como o procedemento para solventa-las posibles discrepancias, previsto no ASEC e asumido polas partes no convenio xeral do sector da construcción.

5. En todo caso, a comisión paritaria reunirase nos meses de xaneiro dos anos 2000 e 2001 para enviar ó Boletín Oficial do Estado a suba salarial aplicable a ese ano e, se é o caso, a revisión económica prevista no artigo 7º deste acordo.

Artigo 10º.-Denuncia.

Para lle dar cumprimento ó previsto no artigo 85.2º d) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, as partes signatarias fan constar expresamente que este acordo non precisa denuncia previa para a súa total extinción o 31 de decembro do ano 2001.