Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 04 de febreiro de 2000 Páx. 1.512

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 29 de decembro de 1999, da Dependencia de Recadación de Cádiz, de notificación de providencia de constrinximento.

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, na redacción dada polo artigo 28 da Lei de medidas fiscais, administrativas e de orde social; na Lei 66/1997, do 30 de decembro (BOE nº 313, do 31 de decembro), e tentada notificación sen que se puidese practicar por causas non imputables á Administración tributaria, polo presente anuncio cítanse os suxeitos pasivos, obrigados tributarios ou representantes que se relacionan no anexo adxunto, para seren notificados por comparecencia do inicio do procedemento de constrinximento, acto dictado polo órgano competente indicado, tratándose dun procedemento executivo.

Os interesados ou os seus representantes debidamente acreditados deberán comparecer no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da súa publicación, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres na Dependencia de Recadación da AEAT en Cádiz, sita na praza da Constitución s/n, para efectos de se practica-la notificación do citado acto.

Así mesmo, advírteselles ós interesados ou ós seus representantes que de non compareceren no citado prazo, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Cádiz, 29 de decembro de 1999.

María Angustias Caballero Contreras

Xefa da Dependencia de Recadación de Cádiz

ANEXO

Datos do contribuínteConcepto/Descrición/Obx. Trib.Clave liquidaciónImporteF. Prov. Const.

34.525.716W

Silva García, José

R/Carrero Blanco, 3, 1-A

San Fernando

Trans. Exp.: 1995/07658 Liq.: 60040092C1100098540022284176.19813-11-1998