Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 04 de febreiro de 2000 Páx. 1.511

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 29 de novembro de 1999, da Delegación Especial de Madrid, de notificación de providencia de constrinximento.

En virtude do disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, na redacción dada polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro (BOE nº 313, do 31 de decembro), de medidas fiscais, administrativas e de orde social, e tentada a notificación por dúas veces sen que se puidese practicar por causas non imputables á Administración tributaria, por medio deste anuncio cítanse os suxeitos pasivos, obrigados tributarios ou representantes que se relacionan no anexo adxunto, para seren notificados por comparecencia dos actos administrativos derivados dos procedementos que nel se inclúen.

Os interesados ou os seus representantes deberán comparecer para seren notificados no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ó da súa publicación no boletín oficial correspondente, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres, nos lugares que en cada caso se sinalan (ver táboa anexo I).

Cando transcorrido o dito prazo non se comparecese, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Madrid, 29 de decembro de 1999.

Juan Beceiro Mosquera

Delegado especial de Madrid

ANEXO I

Órgano responsable e lugar de comparecencia

28005.-Admón. Alcalá de Henares. R/ Navarro y Ledesma 4, 28807 Alcalá de Henares.

28006.-Admón. Alcobendas. R/ Ruperto Chapí 30, 28100 Alcobendas.

28013.-Admón. Aranjuez. Ala norte da Casa de Caballeros 12, 28300 Aranjuez.

28014.-Admón. Arganda. R/ Libertad 6, 28500 Arganda.

28054.-Admón. El Escorial. Pz. Segovia 1, 28280 El Escorial.

28074.-Admón. Leganés. Pza. Comunidad de Madrid 4, 28914 Leganés.

28092.-Admón. Móstoles. R/ Bécquer 2, 28932 Móstoles.

28115.-Admón. Pozuelo de Alarcón. CM. Valdenigriales 4, 28223 Pozuelo de Alarcón.

23148.-Admón. Torrejón de Ardoz. CR. Loeches R/V Alcuñeza 58, 28850 Torrejón de Ardoz.

28601.-Admón. Arganzuela. R/ Guzmán El Bueno 139 (Sot. 1), 28003 Madrid.

28602.-Admón Carabanchel. R/ Aguacate 27, 28044 Madrid.

28603.-Admón Centro. R/ Montalbán 6, 38014 Madrid.

28606.-Admón. Fuencarral. R/ Fermín Caballero 66, 28034 Madrid.

28607.-Admón. Hortaleza-Barajas. R/ Torquemada 2, 28043 Madrid.

28610.-Admón Moratalaz-Vicálvaro. R/ Guzmán El Bueno 139 (Sot. 1), 28003 Madrid.

28612.-Admón Salamanca. R/ Núñez de Balboa 40, 28001 Madrid.

28613.-Admón San Blas. R/ Pobladura del Valle 15, 28037 Madrid.

28614.-Admón. Puente de Vallecas. R/ Manuel Arranz, R/V Cuelgamuros 20, 28038 Madrid.

28616.-Admón Guzmán el Bueno. R/ Guzmán El Bueno 139, 28003 Madrid.

28622.-Dependencia de Recadación. R/ Guzmán El Bueno 139, 28003 Madrid.

28952.-Dependencia de Recadación. R/ Lérida 32-34, 28020 Madrid.

Suxeito pasivoNIF/CIFNº expedienteProcedementoÓrgano (1)

Lugar Unidade

Viprogal, S.L.B-80.046.741C1100096540001349Constrinximento28612Recadación