De conformidade co disposto no artigo 105.6º da Lei xeral tributaria, segundo redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro (BOE do 31), o xefe da Dependencia Provincial de Recadación de Barcelona da Axencia Estatal de Administración Tributaria.
Fai saber que ó non ter sido posible, por causas non imputables á Administración tributaria, realizárlle-las notificacións ós interesados ou ós seus representantes nos procedementos que se indican na relación que segue, e tentadas aquelas de conformidade co establecido no artigo 105 da Lei xeral
tributaria, cítanse os interesados, especificados na dita relación, para que no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, comparezan na Administración ou unidade de recadación que consta na relación para poderen ser notificados regulamentariamente.
En caso de non compareceren no prazo e lugar sinalados, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do seu vencemento.
Barcelona, 28 de outubro de 1999.
J. Ignacio Mora Artiga
Xefe da Dependencia Provincial de Recadación
de Barcelona
Relación que se cita: 99.1.1.11.003
Nome NIF Procedemento Referencia Unidade Lugar de personación
San Cugat VallTransportes Rejón, S.L. B-08.725.491 Inicio procedemento de constrinximento C1100098360214546 San Cugat R/Manel Farres, s/n,