Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 04 de febreiro de 2000 Páx. 1.509

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria supletoria que tivo lugar o 18-1-2000 adoptou, entre outros, o acordo de aprobar inicialmente, por instancia de Armando Rivas Calvo, o estudio de detalle e o proxecto de compensación nº 462-B de Calo, situado en Fixó e clasificado como solo URTA nas normas de ordenación complementarias e subsidiarias do planeamento do concello.

A parcela ten unha superficie de 4.743 m, e linda: norte: Manuel Neira Furelos; sur: Mª Luisa Fernández Otero; leste: resto predio nº 462 e oeste: camiño.

O expediente exponse ó público na secretaría do concello, polo prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no DOG, co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que coiden oportunas.

Teo, 28 de xaneiro de 2000.

Armando Blanco Martínez

Alcalde