Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 04 de febreiro de 2000 Páx. 1.498

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/109-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Zorelle.

Situación: Maceda.

Descricións técnicas: dúas liñas a 20 kV en conductor LA-56 sobre apoios de formigón, derivadas: 1ª desde o apoio nº 7 da L.M.T. ó C.T. Casonel e remata no apoio nº 8 da L.M.T. ó C.T. Calvelo ó que se lle instala trafo de 100 kVA, lonxitude da L.M.T. 1.221 m. 2ª derívase da L.M.T. Vilarellos-Bustavalle e remata no C.T. en caseta con trafo de 160 kVA de Zorelle. Lonxitude da liña, 126 m redes de B.T. en Calvelo e Zorelle.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 15 de decembro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense