Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 04 de febreiro de 2000 Páx. 1.496

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., SEC. 2ª)

CÉDULA de notificación (5181/1997).

Eu Isabel Freire Corzo, secretaria da sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Certifico: que no recurso contencioso-administrativo nº 5181/1997, interposto por Roberto García Castro, contra resolución nº 762/1997, do Concello de Oleiros do 28 de febreiro de 1997, pola que se declara o estado de ruinoso do inmoble propiedade de Regina Doldán Fernández, situado no das Margaridas, expediente de ruína nº 3/1995; con data do 28 de decembro de 1999, dictouse o auto no que se dicía:

Auto.

A Coruña, vinteoito de decembro de mil novecentos noventa e nove.

Feitos. Primeiro: o presente recurso contencioso-administrativo, rexistrado co número 5181/1997, interposto por Roberto García Castro, contra resolución do Concello de Oleiros, do 28 de febreiro de 1997, sobre declaración de ruína do inmoble propiedade de Regina Doldán Fernández, sito no lugar das Margaridas, que pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta foi denegado o beneficio de xustiza gratuíta a Roberto García Castro, facéndollo saber por exhorto con data do 19 de xaneiro de 1998,

para que compareza no recurso, conferindo a súa representación a un procurador asistido de avogado ou valéndose tan só de avogado con poder para o efecto; con apercibimento de que se así non o verificase dentro do termo de trinta días, procederíase sen máis trámite ó arquivo das actuacións; e por providencia desta sala con data do 17 de abril de 1998 e á vista da dilixencia negativa remitida co exhorto, acordouse a notificación da providencia do 19 de xaneiro de 1998, no Diario Oficial de Galicia.

Fundamentos xurídicos.

Primeiro: que non tendo comparecido nestes autos a parte recorrente dentro do termo de trinta días que para o efecto foron concedidos, procede, de conformidade co disposto, acorda-lo arquivo das actuacións, sen custas.

A sala acorda:

O arquivo deste recurso contencioso-administrativo número 5181/1997, interposto por Roberto García Castro, contra resolución do Concello de Oleiros do 28 de febreiro de 1997, declarando o estado ruinoso do inmoble propiedade de Regina Doldán Fernández, sito no lugar das Margaridas.

Proceder á súa notificación por medio do DOG.

Acordárono e asinárono os señores indicados ó inicio.

E para que conste a súa notificación a Roberto García Castro, con último domicilio coñecido no municipio de Oleiros (A Coruña), lugar das Margaridas, 15176 Nos e a súa notificación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino a presente cédula na Coruña, o vinteoito de decembro de mil novecentos noventa e nove.

A secretaria

Rubricado