Convocada, por Orde do 3 de decembro de 1999 (DOG nº 243, do 20 de decembro), a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servicios periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da devandita lei,
DISPÓN:
Primeiro.-Resolver definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre desig
nación, dun posto de traballo vacante nos servicios periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, anunciada por Orde do 3 de decembro do 1999 (DOG nº 243, do 20 de decembro).
Segundo.-Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, ó funcionario que se relaciona no anexo a esta orde.
Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.
Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación. De non estima-la interposición deste recurso poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.
Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2000.
José Mª Hernández Cochón
Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais
ANEXO
Apelidos e nome: Rodríguez González, Miguel Ángel.
NRP: 3492169768A2067.
Grupo: A.
Nivel CD: 28.
Corpo ou clase: superior da Administración da Xunta de Galicia.
Posto de traballo: xefe de Servicio de Protección da Saúde.
Dependencia: delegación provincial.
Localidade: Ourense.