Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 03 de febreiro de 2000 Páx. 1.461

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 21 de decembro de 1999, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifica proposta dos expedientes administrativos de desafiuzamento por non-ocupación, intentada a notificación a que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, por resultaren descoñecidos os seus domicilios (expediente 12/1999). (Regularización).

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados, cos datos e último domicilio coñecido sinalados no anexo, as propostas de resolución de desafiuzamento acordadas pola instructora dos expedientes do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña por non destina-las vivendas a domicilio habitual e permanente dos beneficiarios ou

arrendatarios, causa suficiente de desafiuzamento conforme o disposto no artigo 30.6º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de VPO, e 138.6º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Concédese un prazo de 15 días hábiles desde o seguinte ó da publicación desta cédula para a contestación perante este Servicio Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, alegando por escrito canto consideren conveniente para a súa defensa. Transcorrido o dito prazo elevaranse as actuacións ó órgano competente para a súa resolución.

Para que conste e lles sirva de notificación ós interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 21 de decembro de 1999.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente de desafiuzamento: 12/1999.

Adxudicataria: Manuela Rama Manteiga e herdeiros.

Último domicilio coñecido: Grupo Sta. Cristina, B-5, 3º Esqu. vivenda 157 Palavea, A Coruña.

(C-90, conta 157).