Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 03 de febreiro de 2000 Páx. 1.457

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2000, da Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados, pola que se anuncia a contratación de servicios.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: servicios.

Descrición do obxecto: organización e montaxe do stand institucional da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura no certame Fish International 2000 (Bremen, Alemaña, do 23 ó 26 de marzo de 2000).

División por lotes e número: non existen lotes.

Prazo de execución: estenderase desde o día seguinte ó da asinamento do contrato e ata os dous (2) días seguintes ó do remate do certame.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: once millóns catrocentas mil pesetas (11.400.000 ptas.) (68.515,38 euros).

5. Garantías.

Provisional: 228.000 ptas. (1.370,31 euros).

6. Obtención de documentación e información.

Na Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados (Rúa do Sar, 75, 15702 Santiago de Compostela; teléfono 981 54 63 04); ou nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

7. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: o día que se cumpran trece (13) días naturais contados a partir do seguinte o da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a establecida no correspondente prego de claúsulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela), ou por correo nas formas previstas no artigo 100 do RXCE.

Admisión de variantes: si.

8. Apertura de ofertas e exposición de proposicións.

Na sede da Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ás 9.30 horas do día 24 de febreiro de 2000.

9. Gastos do anuncio.

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2000.

Andrés Hermida Trastoy

Director xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados