Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 03 de febreiro de 2000 Páx. 1.454

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/255-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: reforma C.T.C. Feáns.

Situación: A Coruña.

Descricións técnicas: liñas elétricas subterráneas de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3(1x240) mm Al. De 30 m de lonxitude, con orixe no apoio que se vai instalar en liña a Grela-Sigrás e final no mesmo apoio e liña, unha vez entre e saia de C.T.C. Feáns, que se vai instalar de 15 m de lonxitude, con orixe en apoio que se vai intercalar na liña que alimenta o C.T. Atunicia e final na mesma liña e apoio unha vez entre e saia no C.T.C. Feáns, proxectado. Centro de transformación, tipo caseta, de 250 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en Feáns, do que sae

rede de baixa tensión subterránea en conductor R.V. de 20 m de lonxitude. A Coruña.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 16 de decembro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña