Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 03 de febreiro de 2000 Páx. 1.450

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/59-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Covelo.

Situación: Viana do Bolo.

Características técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 1.241 m de lonxitude, en conductor LA-56, con orixe en apoio metálico nº 47 da L.M.T. Bao-Viana do Bolo e remate no C.T. existente de Mesón San Bernabé. L.M.T. aérea a 20 kV de 120 m de lonxitude en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 4 da L.M.T. proxectada a C.T. Mesón San Bernabé e remate no C.T. proxectado de Covelo con 100 kVA, R/T 20.000/380-220 V. R.B.T. aérea do C.T. Covelo de 665 metros en conductor R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

Ourense, 13 de decembro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense