Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. derivación A Portela.
Situación: Redondela.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea núa, a 15 kV, de 1.074 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde unha torre tipo 2.000/22 da L.M.T. D/C rede 7.02, rematando no C.T. existente da Portela, concello de Redondela.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén pode interpor calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.
Pontevedra, 29 de novembro de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra