Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de García Barbón, 38, 36000 Vigo.
Denominación: variante L.M.T. e C.T., tramo Cerdedo-Sabucedo.
Situación: A Estrada.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 248 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde un apoio s/n da L.M.T. San Isidro, rematando na mesma liña. L.M.T., aérea, a 20 kV, de 35 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde un apoio s/n da L.M.T. San Isidro ata o C.T. que se proxecta en Sabucedo, concello da Estrada. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén pode interpor calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.
Pontevedra, 25 de novembro de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra