Convocadas a provisión as prazas dos corpos docentes universitarios que se relacionan no anexo e dándolle cumprimento ó disposto no artigo 6 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro), no artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño (BOE do 11 de xullo) e no artigo 17 e) do Real decreto 552/1985, do 2 de abril (BOE do 27).
Esta secretaría xeral resolveu sinala-la celebración dos sorteos correspondentes ás prazas sinaladas no citado anexo, co fin de designa-los membros das comisións que deben ser elixidos por este procedemento, para o día 9 de febreiro de 2000, ás dez horas. Os sorteos realizaranse polo sistema informático aprobado pola Comisión Académica do Consello de Universidades na súa sesión do 14 de xullo de 1995, de modo secuencial, segundo a orde en que figuran relacionados no anexo citado.
Os ditos sorteos celebraranse no Consello de Universidades (Cidade Universitaria, sen número, 28040 Madrid).
Para os efectos previstos no artigo 1 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, a partir da data da presente resolución faranse públicas as relacións dos profesores que participarán nos sorteos no Consello de Universidades.
Das citadas relacións e no momento do sorteo serán excluídos aqueles profesores que:
-Pertenzan á mesma universidade á que corresponda a praza.
-Fosen designados para formar parte da comisión titular pola universidade á que corresponda a praza.
-Sexan aspirantes e pertenzan á mesma área de coñecemento á que corresponda a praza.
As reclamacións contra as referidas relacións formularanse antes do día 4 de febreiro de 2000, dirixidas á Secretaría Xeral do Consello de Universidades (Cidade Universitaria, sen número, 28040 Madrid).
Nos concursos nos que non existan profesores abondos do corpo e área de coñecemento a que corresponda a praza, aplicarase o disposto no artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, que modifica o artigo 6.9º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.
O que lle comunico a V.I. para o seu coñecemento e efectos.
Madrid, 13 de xaneiro de 2000.
Vicente Ortega Castro
Secretario xeral do Consello de Universidades
Vicesecretaria xeral do Consello de Universidades
ANEXO
* Concursos convocados por resolución da universidade do 30-7-1999 (BOE do 25 de agosto).
Concurso nº: 38.
Nº sorteo: 39.619
Corpo: profesores titulares de escola universitaria.
Área de coñecemento: métodos de investigación e diagnóstico en educación, 1 praza.
Presidente titular: Eduardo Abalde Paz.
Vocal secretaria titular: Ramona González Soler.
Concurso nº: 39.
Nº sorteo: 39.620
Corpo: profesores titulares de escola universitaria.
Área de coñecemento: métodos de investigación e diagnóstico en educación, 1 praza.
Presidente titular: Eduardo Abalde Paz.
Vocal secretaria titular: M. Criptana Escobar Fernández.
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
* Concursos convocados por resolución da universidade do 20-9-1999 (BOE do 9 de octubre).
Concurso nº: 1702.
Nº sorteo: 39.771
Corpo: profesores titulares de universidade.
Área de coñecemento: estomatoloxía, 1 praza.
Presidente titular: David Suárez Quintanilla.
Vocal secretario titular: Antonio Aguado Santos.
* Concursos convocados por resolución da universidade do 20-7-1999 (BOE do 14 de agosto).
Concurso nº: 31.
Nº sorteo: 39.772
Corpo: profesores titulares de escola universitaria.
Área de coñecemento: fisioloxía, 1 praza.
Presidenta titular: María Pilar Fernández Otero.
Vocal secretaria titular: Cristina Nicolau Llobera.
Concurso nº: 33.
Nº sorteo: 39.773
Corpo: profesores titulares de universidade.
Área de coñecemento: traducción e interpretación, 1 praza.
Presidente titular: Joan Fontcuberta Gel.
Vocal secretario titular: Carlos Garrido Rodríguez.
Concurso nº: 34.
Nº sorteo: 39.774
Corpo: profesores titulares de universidade.
Área de coñecemento: economía aplicada, 1 praza.
Presidente titular: Alberto Gago Rodríguez.
Vocal secretario titular: Manuel María Varela Lafuente.