Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 02 de febreiro de 2000 Páx. 1.408

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-318).

Por resolución desta alcaldía 6932/1999, con data do 14 de decembro do 1999, acordouse aprobar inicialmente os estatutos e as bases que regularán a futura xunta de compensación do polígono I da UE nº 2, en Cividáns-Serantes.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo, das 9 ás 13 horas tódolos días laborables polo prazo de vinte días, a través de anuncio no DOG, neste prazo poderanse presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 30 de decembro de 1999.

Alfredo Novoa Gil

Alcalde-presidente en funcións