Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 01 de febreiro de 2000 Páx. 1.334

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2000, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia poxa, mediante procedemento aberto por tramitación urxente e anticipada do gasto, para a subministración sucesiva de gasóleo C a granel para este complexo hospitalario.

Expediente 18/2000.

1. Obxecto: subministración sucesiva de gasóleo C a granel mediante determinación do prezo/litro.

2. Orzamento máximo: 32.000.000 de ptas., IVE incluído/6 meses (192.323,88 euros).

3. Prazo de execución: 6 meses desde a data de formalización do contrato.

4. Admisión de variantes: non se admitirán variantes.

5. Garantía provisional: 640.000 ptas.

6. Forma de adxudicación: poxa, procedemento aberto e tramitación urxente.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas (Lei 13/1995, do 18 de maio, BOE nº 119, do 19 de maio).

9. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 18 de Lei 13/1995, do 18 de maio, dos contratos das administracións públicas (BOE nº 119, do 19 de maio).

10. Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas.

11. Documentación: o prego de cláusulas admininstrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar no Departamento de Contratación Administrativa do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22, 36204 Vigo, en días laborais desde as 9 ata as 14 horas. Teléfono nº 986 81 60 23 e fax nº 986 81 60 65.

12. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do RXCE.

13. Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal, referencias técnicas e proposición económica, descritas no PCAP.

14. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas realizaa a mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do hospital xeral ás 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

15. Anuncios: o importe do anuncio da presente poxa será por conta do adxudicatario.

Vigo, 13 de xaneiro de 2000.

José Manuel González Álvarez

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Cíes de Vigo