Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: r/ cidade de Viveiro 4, 27002 Lugo.
Denominación: L.M.T. Vilalba-Meira (tramo O Santo-Arneiro) (Cospeito).
Situación: Cospeito.
Descricións técnicas: L.M.T. Vilalba-Meira (tramo O Santo-Arneiro) de 1.466 metros a 20 kV sobre apoios de formigón e metálicos en conductor LA-110.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.
Lugo, 13 de decembro de 1999.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo